O Grupo Lemaco Xiria entrega o partido ao Cisne na primeira parte

Cuarta xornada da división de honra cadete masculina, e o Grupo Lemaco Xiria recibía ao Cisne Colegio Los Sauces, de Pontevedra. Os do Xiria non foron capaces de defender e víronse por baixo no marcador desde o inicio. A segunda parte pelexaron e maquillaron o resultado.

Volvía iniciar con dúbidas e medorento o Grupo Lemaco Xiria e iso propiciaba que os visitantes adquirisen unha cómoda vantaxe nos primeiros minutos de partido. Despois dun tempo morto non conseguía frear a sangría de goles que estaban a encaixar. Os cambios desde o banco achegaron solidez pero ao descanso o marcador era de 12 a 23.

Tras o paso por vestiarios, houbo un cambio de actitude por parte do Xiria, e a lóxica relaxación dos visitantes reducirían distancias. Un Grupo Lemaco que se impoñería nesta segunda metade cun parcial de 13 a 10; ten que empezar a ser máis constante no seu xogo e adquirir mentalidade competitiva para competir contra todos os rivais. O Cisne foi mellor durante os 60 minutos e fíxose cunha vitoria demasiado cómoda.

Grupo Lemaco Xiria 25 – Cisne Colegio Los Sauces 33

Grupo Lemaco Xiria: Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Alejandro Vázquez [p], Juan Martín Fajardo (2), Martín Fuentes (5), Nicolás García (1), Andrés García, Miguel Goimil (1), Pedro Porteiro (1), Esteban Puñal (8), Samuel Regueira, Alberto Rodríguez (1), Samuel Veiga (1), Julián García (5).

Cisne Colegio Los Sauces: Rubén Sequeiros (6), Borja Fernández (4), Enrique Domínguez (6), Iker Latas (3), Luis Fernández, Martín Santos (7), Miguel Pérez (4), Miguel Sierra, Uxío Juncal, David Fernández (3).

Árbitros: José Henrique Folgoso e Iván Hernández do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á cuarta xornada da división de honra cadete masculina disputado no pavillón Vila De Noia (Carballo)