O Hierros Varela Urbieta ofrece dúas caras ben diferenciadas

O equipo cadete feminino do Hierros Varela Urbieta, ofreceu o pasado sábado os seus mellores trinta minutos do campionato. Foi nun primeiro tempo onde o conxunto de Carballo dominou amplamente o xogo ante un bo equipo como o Coretti Lalín, mostrándose forte en tarefas defensivas, dando rapidez ao xogo na transición e xogando con practicidad e solvencia no ataque posicional. Os escasos erros e as poucas perdas de balón, non daban excesivas ocasións de contragolpe ás dezanas e as poucas existentes liquidábanse cun bo balance defensivo. Tal era o dominio das de Xiria, que a falta dun minuto para o termo do primeiro tempo dispuxo dun lanzamento na liña dos seis metros para ampliar a súa vantaxe ata os sete goles, aínda que o fallo ofrecería un primeiro contraataque e gol das visitantes, que nos últimos instantes deste primeiro acto aproveitarían un novo erro para irse ao descanso cunha desvantaxe de catro goles (16-14). Era o anticipo dun cambio total no rumbo do partido e no xogo das bergantiñás, que na continuación mostraríanse inseguras, erráticas e excesivamente individuais.

As perdas de balón sucedíanse unha tras outra no segundo tempo e as de Lalín eran agora donas da contenda, aproveitando as numerosas facilidades que daba o seu rival. As distancias reducíanse de forma vertixinosa e apenas tardaba quince minutos o Coretti Lalín en conseguir a igualada (19-19). A reacción non chegaría por parte do Varela Urbieta, que vería como as dezanas adiantábanas de forma vertixinosa para conseguir a vitoria con gran comodidade por un marcador global de 25-30, algo impensable media hora antes.

Coretti Lalín: 30 (12+18). Carlota Codesido, Antía González (1), Mencía Payo (4), Aroa V. (5), Antía Rodríguez (3), María Pérez (5), Amalia González (5), Micaela Corrales (1), Claudia Mein (4), Claudia Sesar, Nuria López (2), I. Santana, Iria Sierra.

Hierros Varela Urbieta Xiria. 25 (16+9). Lucía Lema (p), Helena Collazo (p), Natalia Cancela (1), Lucía España (3), Valeria Figueroa, Alba García (7), Marta Gómez (1), Anna Mª Hernández (4), María Patiño, Nina Pereira (4), Coral Ruibal, Nerea Varela (5), Uxía Suárez, Stefanía Landri.

Colexiado: Renzo Díaz. Sen complicacións.

Incidencias: 4ª xornada da División De Honra en categoría feminina cadete. Partido celebrado na mañán do sábado pasado no pavillón do CEIP Fogar ante cincoenta siareiros.