OAR Coruña – 38 (17+21): Eduardo (13), Daniel (5), Santiago (3), Alejandro, Víctor (2), David, Antonio, Juan C. (6), Adrián (5), Alejandro (4) e Borja.
Garaysa Xiria – 31 (14+17): Pedro (10), Mario R. (4), Manuel (1), Alex (8), Iago (1), Julio, Iker (2), Franco (1), Xurxo, Brian, Diego e Mario (3)
Os infantís fixeron un bo encontro no que puidemos ver a mellor versión do Garaysa e onde o equipo mantivo as opcións ata a recta final. Sen embargo o OAR impuxo a súa superioridade física para poñer terra de por medio nos últimos 10 minutos e levarse o partido.
Os carballeses comezaron moi atentos en defensa e amosando a súa mellor cara en ataque, cun xogo colectivo e efectivo. O aporte de xogadores que non chegaban a amosar o mellor de si nos partidos de liga, notouse en forma de goles e no xogo máis colectivo do equipo.
Durante a primeira metade o OAR mandaba no marcador pero con pequenas vantaxes de 2-3 goles. O Garaysa facía as cousas ben pero os erros que cometía eran sempre ben aproveitados polos xogadores herculinos, que impedían recortar diferenzas. Ao descanso o Garaysa chegaba tres goles abaixo pero con moi boas sensacións.
Na segunda parte o equipo comezou ben (22-20 Min.5) pero foi perdendo claridade nas ideas nesta recta final. Ademais as repetidas accións de empurróns e tiróns de camiseta por parte dalgún defensor do OAR, moitas sen sanción por parte dos colexiados, fixeron subir a temperatura do partido. O Garaysa comezou a acelerarse e a xogar con precipitación en ataque, errando pases e lanzamentos, e o OAR non desaproveitou para tomar vantaxe e levarse o encontro.
O equipo está amosando unha seriedade e unha mellora en moitos aspectos do xogo nos últimos partidos. Sen dúbida este é o camiño a seguir para futuros encontros.
Clasificación trala 18ª xornada:
Fotos do encontro: