Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socioBuscar

Sénior masculino

Un gol no último segundo dá a vitoria ao Calvo Xiria fronte ao Bueu

O Calvo Xiria conseguiu unha vitoria moi importante nun partido que tivo emoción ata o último momento, onde Jorge Bouzas sentenciou cun fantásico gol desde o extremo. O Calvo Xiria,…

CALVO XIRIA29
BUEU ATLETICO BALONMAN28

Ao descanso 13 – 15sábado 23 de outubroPavillón Vila de NoiaPrimeira división estatal masculina · Primeira fase · Grupo A · Xornada 5

O Calvo Xiria conseguiu unha vitoria moi importante nun partido que tivo emoción ata o último momento, onde Jorge Bouzas sentenciou cun fantásico gol desde o extremo.

O Calvo Xiria, dominou ao comezo do partido ao seu rival. Atopábase na súa mellor versión. A defensa funcionaba, e atopaba boas situacións de lanzamento no ataque. Aínda que a partir do minuto 20; empezaba a entoarse a portería dos visitantes, deixándose influír tamén, o armazón defensivo do Xiria, que viu como se esfumaba a súa vantaxe cun parcial de 1 a 7 na parte final da primeira parte (13-15).

Tras o paso por vestiarios, Chimpo colleu a batuta do ataque posicional e o equipo soubo sufrir e poñerse o mono de traballo, na parcela defensiva. As alternancias no marcador eran constantes; ningún equipo conseguía escaparse, o público vibraba con cada acción positiva dos seus. Chegábase aos últimos 30 segundos con empate a 28 e balón para o Calvo Xiria, un lanzamento de Chimpo diu no blocaxe e foise a corner; onde un pase e vai, propiciou un lanzamento a Jorge desde a esquina que definiu de maneira espectacular para facer saltar ao Vila de Noia cunha nova vitoria para o Calvo Xiria.

Calvo Xiria 29 – Bueu Atlético Balonman 28

Calvo Xiria (13+16): Rökkvi Steinunnarson (p), Antonio Mato (p), Carlos Guisasola, Gabriel Castiñeiras, Fran Rey, Carlos Varela, Chimpo Rodríguez (9), Diego Vega, Diego Antelo, Manuel Méndez (2), Alejandro Gómez (1), Jorge Bouzas (8), Aaron Rodríguez (2), Mario Cancela, Edu Cousillas (7).

Bueu Atlético Balonman (15+13): Mauro Bacelar (3), Javier Torres (5), Roque Arias (3), Carlos Veloso (2), Brais López (9), Rubén Iglesias, Andrés Bacelar (5), Sergio Piñeiro, Igor Kustov, Xosé Paz, Raúl Dios, Eloy Malvido (1).

Marcador cada 5 minutos: 5-2, 7-4, 9-4, 12-8, 13-11, 13-15, (descanso); 16-16, 19-18, 19-20, 21-23, 26-25, 29-28.

Árbitros: Alejandro Lozano e Pablo Martínez do colexio asturiano.

Incidencias: Partido correspondente a quinta xornada do Grupo A da Primeira Estatal, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).

O partido

51015202510′20′30′40′50′60′2928
CALVO XIRIA BUEU ATLETICO BALONMANO tramo sombreado decidiu: parcial de 9–4 entre o 0′ e o 15′.
Ao descanso
13 – 15
Exclusións
6
Tempos mortos
4

Ver a acta enteira

O seguinte

Sénior masculino20:00Campeonato estatal de primeira división masculina · Liga regular · Grupo A · Xornada 12
CALVO XIRIA
BALONMAN SAEPLAST CAÑIZA

Máis sobre isto