Balonmán Cisne 40 – Grupo Lemaco Xiria 31 (20-18)
Chegaba a visita ao líder Balonmán Cisne, e o Xiria ía perdendo efectivos o longo da semana, a gripe e as lesións deixaba en Carballo sen poder viaxar ata 6 xogadores. A pesares deso, os xogadores saíron con brío e apremaron ao seu rival.
Trinta primeiros minutos onde o ritmo foi trepidante con ataques rápidos e efectividade de cara a gol, como amosa ese avultado resultado de 20 a 18, o Grupo Lemaco soubo xogar as súas bazas ofensivas e soamente tivo nas perdas de balón en ataque o seu déficit nesta primeira metade.
O combustible durou o que durou e o Xiria foi perdendo forzas no paso dos minutos, o Cisne repregouse a unha defensa 6:0 que fixo moito dano aos carballeses, que non estiveron atinados no lanzamento exterior, pola contra os pontevedreses non baixaron o listón de ritmo, e aproveitándose das perdas de balón en ataque materializaron cada contra, sentenciando o partido.
Balonmán Cisne 40 (20): Miguel Jiménez e Anxo Fraga (porteiros) , Carlos Costa, Fernando Alvarez, Carlos Alvarez, Juan Cuenca, Sergio Alvarez, Antonio Bueno, Miguel Silva, Román Arboleya, Eduardo Costa, Mateo Arias, Nuno González, Javier Sierra, Víctor Fernández e Mario González.
Grupo Lemaco Xiria 31 (18): Julio Ferreiro e Diego Lema (porteiros), Adrián Mesejo 1, Mario Cancela 11, Dani Mallo 3, Franco Rial, Mario Rincón 3, Juan Pereira, Fernando Mallo 2, Iago Rincón 9 e Aaron Rodríguez 2.
Marcador cada 5 min: 4-4/ 7-8 / 11-10/ 14-12/ 17-14/ 20-18/ 25-18/ 27-20/ 30-23/ 37-24/ 38-28/ 40-31/
Arbitrou: Marcos Pérez, sen complicacións