Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xuvenil masculino

O Laber Xiria cae en Pontevedra diante do Cisne

Balonmán Cisne 36 Laber Xiria 26 – (21-15) Con numerosas ausencias nunha plantilla xa corta de por si, o Laber desprazábase ante un dos primeiros na clasificación, a superioridade local foise…

Balonmán Cisne 36 Laber Xiria 26 – (21-15)

Con numerosas ausencias nunha plantilla xa corta de por si, o Laber desprazábase ante un dos primeiros na clasificación, a superioridade local foise plasmando dende inicio, a pesar do arraigo amosado polos xogadores de Carballo.

Difícil conxurar unha defensa con tal cantidade de ausencias de efectivos, non se puido contar cos dous centrais baluartes do 6.0 do Xiria e o equipo tivo que armar unha defensa de circunstancias ante un dos mellores ataques da liga.

No transcorrer dos minutos o Cisne ía impoñendo a efectividade cara a gol e abortaba as accións atacantes do Laber, que tiña dificultade na circulación do balón, o que levaba as consecuentes perdas e posteriores contras do rival.

Partido cómodo para os pontevedreses que se plasmou no resultado final de 36 a 26 goles.

Balonmán Cisne 36 (21): Marcos Blanco e Fran Muñoz(porteiros) Roque Arias 4, David Sineiro 1, Daniel López 10, Dani Gonsalves 5, Bruno Vázquez 7, Ricardo González, Alberto Pazos 1, Ivan Pérez 1, Bruno Neves 3 e Alvaro Preciado 4.

Laber Xiria 26 (15): Samuel Castiñeiras e Diego Lema(porteiros), Manuel Sánchez, Andrés Vila 13, Pablo Cambón, Roi Alfeirán 2, Renzo Díaz, Iago Rincón 2, Dani Trigo 1 e Pedro Pereira 8.

Marcador cada 5 min: 4-2/ 9-5 / 11-6/ 16-9/ 17-11/ 21-15/ 23-16/ 26-18/ 29-20/ 31-21/ 33-23/ 36-26/

Arbitraron: César Carballo e Andrés Tejo, sen criterio e prexudicando aos visitantes.

Próximo partido

Xuvenil masculino20:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 8
EMBUTIDOS LALINENSE
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Máis sobre isto