Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete masculino

Un Grupo Lemaco Xiria B fallón cae con Galitrans

Os xogadores do Grupo Lemaco Xiria saíron ao partido concentrados e intensos. Ben nas tarefas defensivas e que a pesar de non estar excesivamente acertados para gol, chegaban ao minuto…

Os xogadores do Grupo Lemaco Xiria saíron ao partido concentrados e intensos. Ben nas tarefas defensivas e que a pesar de non estar excesivamente acertados para gol, chegaban ao minuto 15 con 8 a 4 no marcador. Apertou Pontedeume no tramo final e ao descanso chegábase con 12 a 11.

A dinámica cambiara; e os visitantes lograban mellores accións de lanzamento o que ocasionaba as primeiras diferenzas; que sería de ata 5 goles a falta de 10 minutos. Os do Grupo Lemaco lembraban entón ao equipo da primeira metade. Activo en defensa e con claridade no ataque. Pelexou ata o último instante pero os visitantes máis acertados nos lanzamentos conseguiron levar os dous puntos.

Grupo Lemaco Xiria B 24 – Galitrans Pontedeume 26

Grupo Lemaco Xiria B (12+12): Yago Sande [p], Álvaro García (3), Jorge Rodríguez (1), Brais Suárez (5), Diego Barbeira, Simón Viña (2), Máxi Días (3), Aday Gómez (1), Nico Cancela, Marcos Varela (9).

Galitrans Pontedeume (11+15): Samuel Murga (3), Nuno Roi (6), Mario González (8), Mateo Nuñez, Xurxo Sarmiento, Lucas Vázquez, Adrián Camba, Roberto Folla, Francisco Leira, Ricardo Folla (1), Luis Benito (1), Martín Riveira.

Árbitros: Renzo Díaz do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente a 18ª xornada do Grupo A cadete prata, disputado no pavillón de Vila de Noia (Carballo).

Próximo partido

Cadete masculino13:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 7
BM LINEA21 AUTO ESCOLA COPACO
MONTAXES CARBALLO XIRIA VERDE

Máis sobre isto