Un resultado enganoso nun partido loitado até o final
Xornada 7 – 1ª AutonómicaNOROPLAZA ATLÁNTICO 31 – CALVO XIRIA B 22 O Calvo Xiria B comezou forte no Pavillón San Marcos, levando a iniciativa durante toda a primeira metade…

sábado 15 de novembroPavillón San Marcos (Abegondo)1ª autonómica masculina · Liga
Xornada 7 – 1ª Autonómica
NOROPLAZA ATLÁNTICO 31 – CALVO XIRIA B 22
O Calvo Xiria B comezou forte no Pavillón San Marcos, levando a iniciativa durante toda a primeira metade cun xogo serio e organizado. A defensa foi compacta e o ataque mostrou fluidez, conseguindo manterse por diante no marcador ata o descanso (11-12). Destacou Marcos Varela Varela con 6 goles e tamén o gardameta Alejandro Vázquez Eirís, que sufriu dous lanzamentos directos ao rostro pero mantivo a concentración.
Na segunda parte, o encontro cambiou de rumbo. As exclusións de dous minutos, sen un criterio claro, foron constantes e afectaron negativamente ao equilibrio do Xiria. A defensa variada (6:0, 5:1 e individual) foi castigada reiteradamente por supostas invasións na área, algo que descolocou ao equipo.
A expulsión de Nicolás Cancela aos 38:58 por acumulación de exclusións e a lesión de Diego Mourelle ao comezo da segunda parte foron dous momentos clave que desestabilizaron ao conxunto. A pesar diso, o equipo mantivo a entrega e a loita ata o final, aínda que o Noroplaza logrou ampliar vantaxe nos minutos finais.
O adestrador do Xiria B rematou orgulloso do seu equipo, que, malia a derrota (31-22), demostrou carácter, compromiso e moitas ganas de seguir medrando. Un partido que deixa aprendizaxes valiosas para o futuro deste grupo novo e con potencial.
Agárdovos o vindeiro domingo, na nosa casa, no noso pavillón.
O partido
- Hoxe na táboa
- 11º


