Maquisaba sufre unha dolorosa derrota na visita a Arteixo

Maquisaba sufre unha dolorosa derrota na visita a Arteixo

Xa dende o comezo do encontro o Arteixo fixo gala da velocidade das súas xogadoras para superar con facilidade a defensa individual do Xiria. As de Carballo non foron quen de impedir os 1×1 e os desmarques das extremos e laterais, que atoparon meta sen impedimentos. Pola contra, o Maquisaba requeriu de máis traballo para lograr situacións claras ante a defensa 3:3 compacta das locais. Situacións que estragaba pola falta de atino na finalización. Se ben non cesaron as tentativas do Xiria, a chegada ós vestiarios coa ridícula efectividade de lanzamento no 39% eliminaba toda probabilidade de competir o encontro (22-11).

Na segunda metade os trocos e as modificacións non surtiron efecto nun xogo marcado polas perdas de balón e os remates sen seleccionar. A crispación ante os erros reiterados xeraba un clima de inseguridade que medraba por momentos, ata chegar a unha capitulación temprada no encontro a prol dun Arteixo que mereceu a vitoria nun partido para esquecer.

GRABADOS CALVO ARTEIXO FEMENINO 46 – 23 MAQUISABA XIRIA

Os dous puntos quedan fora do casilleiro carballes, que queda relegado a metade da táboa a falta de dúas xornadas para o remate da Fase. O equipo debe gañar ante OAR e Lucense para asegurar a terceira praza de cara á clasificatoria.