Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Unha gran defensa da a vitoria ao Grupo Lemaco Xiria fronte á SAR

Os cadetes do Grupo Lemaco sumaron unha nova vitoria esta xornada fronte á SAR de Redondela, un conxunto que xa puxera en apuros aos carballeses no encontro de ida. Os…

Os cadetes do Grupo Lemaco sumaron unha nova vitoria esta xornada fronte á SAR de Redondela, un conxunto que xa puxera en apuros aos carballeses no encontro de ida.

Os carballeses comezaban moi seguros en defensa, amosándose atentos e moi intensos. Ese gran traballo defensivo outorgaba as primeiras vantaxes, de ata 4 goles, para o Xiria, que xa se mantería por riba no marcador ata o asubío final. Sen embargo os da SAR non ían deixar escapar ao carballeses tan pronto e aproveitando varios erros en ataque dos nosos, conseguían colocarse a un gol (Min 15. 7-8). O Grupo Lemaco reaccionaba ben e con varios contragolpes recuperaba rapidamente a marxe de 4 goles, que mantería ata o descanso (13-17).

A segunda parte comezaba igual que acababa a primeira, a intensidade defensiva marcada polo Xiria obriga á SAR a rozar o xogo pasivo en cada ataque, pero os erros en ataque do Xiria impedían despegarse no electrónico. Non sería ata o ecuador do segundo tempo que, outra vez apoiados na defensa, os carballeses conseguían deixar sen marcar ao seu rival durante máis de 10 minutos, o que lles serviu para aumentar a vantaxe ata os 8 goles (15-23) Min. 50. O Grupo Lemaco xa non deixaría que a SAR se volvese a achegar e remataba o encontro 19-27.

SAR Dacuña y Pérez «A» – 19 (13+6): Cerqueira, Castro, Chao (3), Nantes (1), Castro (2), Mateo (5), Cabrera (1), González (3), Carballido, Rodríguez (1), Abal, Conde e Rivas (3).

Grupo Lemaco Xiria – 27 (17+10): Pablo (1), Tasende (1), Fran (4), Antón (2), Pedro, Vila (8), Miguel, Ronaldo (2), Andy (6), Roi (2), Renzo, Urbieta e Manuel (1).

Con estes dous puntos os de Carballo mantense a 3 puntos de asaltar a 3ª praza, que da acceso a xogar a Fase Final de onde sairán os equipos participantes no Campionato de España de clubs.

Clasificación trala 15ª xornada:

Clasificación