Unha vitoria do Calvo Xiria podería certificar a fase de ascenso na visita ao UB Lavadores Vigo, se pinchan os seus perseguidores

1ª Nacional masculina

O Calvo Xiria, quere seguir na dinámica adquirida e non baixar a marcha; neste tramo final de tempada.

A súa visita a Vigo; para xogar con Ub Lavadores, o domingo ás 12:30, enfronta a dous equipos que marchan en zonas opostas da táboa, primeiro e último respectivamente; o Calvo Xiria só quere falar de competición, e tratará de mostrar a súa mellor versión nun partido no que os locais se xogan a permanencia.

Viaxan a Vigo, todos os xogadores dispoñibles; recuperando así, a Edu Cousillas, Juanka e Manu Méndez que non puideron participar no partido anterior. Por tanto, boas noticias para o cadro carballés.

1ª Autonómica Feminina

O Goldie Xiria Carballo Turismo viaxa a Ourense, ao pavillón dos Remedios, este sábado ás 20:00 para enfretarse a De Pueblo Carnicería Bm Pabellón.

O equipo creceu exponencialmente está tempada; e buscará dar a sorpresa nunha das pistas máis complicadas da categoría. Minimizar erros; é un das claves; para afrontar este partido e disputar os dous puntos.

Categorías base

Empeza a xornada o Grupo Lemaco B Xiria xogando o sábado ás 10:00 en Vila de Noia, contra CBM Narón Ferrolterra Grupo Capela. O liderado do grupo en xogo no enfrontamento dos dous primeiros clasificados.

O Metalúrgica BB Xiria continúa ás 12:15 contra Bm Culleredo Construpereiro, Competir e progresar serán os obxectivos que terán que manter ao longo do encontro para que os detalles, quen se leva os puntos.

Xa; o domingo as infantís de Punta del Este Xiria xogan como locais ás 10:00 en Vila de Noia; contra Bm Porriño, Partido difícil ante un histórico Porriño con máis experiencia na categoría.

Mentres tanto; o Grupo Lemaco A Xiria e Garaysa Xiria tócalles viaxar, a Vigo e a Tui, respectivamente; para enfrontarse ao Footplus Ad Carballal (10:30)e CB Tui (10:45). Os dous equipos queren manter os postos altos da táboa cando acabe esta xornada; polo que terán que realizar un bo encontro que lles permita facerse coa victoria.

En alevíns Gallega de Mallas Xiria e Gestagua Xiria enfróntanse a Abegondo Todo Deporte e Gas Abegondo; ás 10:00 e ás 11:00, o sábado en Ceip Fogar. E os equipos benxamíns de Maquisaba, Telepizza, Garaysa e Óptica Auris Xiria empezan a segunda fase da competición de bm5.