O Atlético Guardés non da opción as rapazas do Punta del Este Xiria

Dura derrota a sufrida o pasado domingo na visita do Punta del Este Xiria ó equipo da Guardia.

As visitantes non comezaron ben o encontro e o Guardés aproveitou a ocasión para tomar as rendas. Demasiada relaxación na faceta defensiva facía que as locais anotaran con facilidade rompendo constantemente a defensa mediante pase y va con pivote e o 1×1 da súa extremo dereito. En ataque tampouco se sentían cómodas as rapazas do Punta del Este Xiria, con continuos erros de pase e pérdidas de balón que se convertían en rápidas transicións en primeira oleada do Guardés.  Un tempo morto provocaba a reacción das carballesas, que conseguiron recortar a distancia no marcador e xogar os mellores minutos do encontro para chegar o descanso con un 18-10 moi favorable o equipo local.

Na segunda metade as do Punta del Este Xiria non deron o encontro por perdido e saíron coa motivación e as ganas de darlle a volta ao encontro. O Xiria apretaba en defensa e tiña as ideas máis claras en ataque, atopando o xogo coa pivote e recortando a diferencia ata os 5 goles. Pero cando máis cerca se vían as carballesas da remontada, chegou a reacción das rapazas da Guardia, que aumentaron a intensidade defensiva e castigaron de novo as xiareiras con continuas contras, aumentando o marcador ata o derradeiro 30-14 final. 

Na próxima xornada, o Punta del Este Xiria recibe en Carballo a outro duro rival, o Porriño, nun encontro donde as carballesas loitaran por deixar os dous puntos na casa. 

Club Balonmán Atlético Guardés: Antía Lomba (1), Zaira Crespo, Marta Rodríguez (1), Uxía Álvarez, Leire Martínez (3), Iratxe Goyas (8), Carmen Magallanes (10), Noa Lomba (3), Ainara Lomba (2), Yanet Rodríguez, Alba Rodríguez, María González, Laura González (2).

Punta del Este Xiria: Carla Bello (p), María Porteiro (p), Lucía Andrade (p), Elena González (2), Sara Rial (2), Clara Graña, Nerea Figueiras (1), Sam López, Sara Méndez (2), Nerea Varela (1), Leticia Santos (6), Carla Martínez, Andrea López, Sabela Carrondo, Xulia Suárez, Sofía Rey e Mencía Rodríguez.