Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Unha vitoria e unha derrota para os Alevíns do Xiria na Liga de Balonmán 7

Os equipos alevíns do Xiria, o LK e o Telepizza Carballo, correron distinta sorte esta fin de semana nos seus encontros de Balonmán 7. O Telepizza Carballo Xiria, que xogaba…

Os equipos alevíns do Xiria, o LK e o Telepizza Carballo, correron distinta sorte esta fin de semana nos seus encontros de Balonmán 7. O Telepizza Carballo Xiria, que xogaba no Pavillón do Fogar, conseguía impoñerse con claridade ao Bm. Xallas. Mentres, o Telepizza Carballo non puido co Abegondo «A», líder da clasificación.


LK XIRIA 7 – BM XALLAS 1
(8-1), (5-1), (5-2) e (3-3)

O equipo alevín mixto, o LK Xiria, disputaba na mañá do sábado unha nova xornada de balonmán 7, contra o Balonmán Xallas. O conxunto de Carballo facíase comodamente cos 3 primeiros tempos, grazas aos balóns roubados en defensa, que lle permitían correr o contraataque. No último cuarto a relaxación do LK, faría que os visitantes conseguisen empatar 3-3 e levar un punto dos oito que había en xogo.

Por parte do LK Xiria xogaron, Anxo Viña, Elena Collazo, Lara Otero, Mateo Pallas, Alba García, Nicolás García, Julián García, Asel Cambón, Samuel Veiga, Andrés García e Óscar Tasende.

Mentres polo Balonmán Xallas facíano, Noelia García, Paula Rodríguez, Uxía Mourelle, Nerea Varela, Brais Rodríguez, Lucía Rodríguez, Marcos Vázquez, Sandra Lado, Paula Mourelle, Raquel Vilariño, Ignacio Esperante, Alexandra Suárez e Paula García.


E.M. ABEGONDO «A» 8 – TELEPIZZA CARBALLO XIRIA 0**
(6-3), (6-4), (3-2) e (5-3)**

O Telepizza Carballo pese a quedarse moi cerca en algún dos parciais, cedeu os catro tempos ante un Abegondo moi superior fisicamente. Os carballeses non atopaban espazos ante os defensores locais que puxeron en continuos apertos ao ataque do Telepizza. Pese ás dificultades os do Telepizza esforzábanse en defensa, conscientes de que roubar balóns e facer dano á contra era a súa única baza, pero as accións individuais dos laterais do Abegondo remataban case sempre en lanzamento, o que facía moi difícil poder marcar ao contraataque.


Con cada xornada, os rapaces e rapazas alevíns, amosan que cada vez se atopan máis cómodos nesta competición a campo grande de Balonmán 7, que é a súa primeira toma de contacto co 40×20.

Clasificación:

CLASIFICACIÓN

Fotos:

IMG_20160116_115508 IMG_20160116_115530 IMG_20160116_115549 IMG_20160116_115559