O II Mundial de Balonmán nos recreos arrinca no Bergantiños cun gran éxito de participación
Máis de 60 rapaces e rapazas de 3º de Primaria se apuntaron a este II Mundial de Balonmán nos recreos, que arrincaba a pasada semana no CEIP Bergantiños. Escolas Balonmán…

Máis de 60 rapaces e rapazas de 3º de Primaria se apuntaron a este II Mundial de Balonmán nos recreos, que arrincaba a pasada semana no CEIP Bergantiños.
Escolas Balonmán Xiria organiza esta actividade co obxectivo de dar a coñecer o balonmán a un gran número de nenos e nenas, mentres ocupan os recreos dun xeito activo e organizado. Para a maioría d@s anotad@s é a primeira vez que xogan a este deporte, que cunhas regras sinxelas e adaptadas pódese practicar dende o primeiro día.
Até 8 equipos de rapaces e 5 de rapazas competirán do 13 de Xaneiro ao 11 de Marzo tentando acadar o título de Campión do Mundo dos recreos do CEIP Bergantiños. A expectación e a competitividade é máxima en cada encontro, cun público dividido e entregado a cadanseu equipo, ao que non deixa de animar en todo o recreo, este II Mundial de Balonmán nos recreos estase a converter en todo un acontecemento no CEIP Bergantiños.
Cartel e calendario:




