OITO XOGADORES DAS ESCOLAS DE BALONMÁN XIRIA CONVOCADOS COAS SELECCIÓNS GALEGAS
CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA CADETE Os xogadores cadetes, do Vipecón Xiria, Javi Rodríguez Pombo, Jorge Bouzas Pichel, Martín Alfeirán Villar, Martín Gómez Taibo e Rubén Gómez Lamas, foron convocados para realizar…
CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA CADETE
Os xogadores cadetes, do Vipecón Xiria, Javi Rodríguez Pombo, Jorge Bouzas Pichel, Martín Alfeirán Villar, Martín Gómez Taibo e Rubén Gómez Lamas, foron convocados para realizar unha sesión de adestramento coa selección galega cadete este domingo, 21 de novembro, no Pavillón Principe Felipe de Pontevedra.
CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL
Os xogadores infantís, do Garaysa Xiria, Iván Campos Varela, Enrique Pena Pensado e Daniel Buño Ares foron convocados para realizar unha sesión de adestramento coa selección galega infantil este domingo, 21 de novembro, no Pavillón Mpal. de Beluso en Bueu.


