Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

VIPECÓN XIRIA 36 – BALONMÁN LALÍN 34

Vipecón Xiria 36 (14+22): Bisbi, David (9), Calvete, Rubén Gómez (8), Jorge Viñas, Martín (4), Miguel (5) –equipoinicial– Edu, Rubén Anes, Igor, Jorge Bouzas (4), Tucu (2), Javi (4), Luís.…

Vipecón Xiria 36 (14+22): Bisbi, David (9), Calvete, Rubén Gómez (8), Jorge Viñas, Martín (4), Miguel (5) –equipoinicial– Edu, Rubén Anes, Igor, Jorge Bouzas (4), Tucu (2), Javi (4), Luís.

Balonmán Lalín 34 (15+19): Iago, Adrián (3), José (4), Lissarrague (5), Ramón (6), Enrique (2), Manuel(4) -equipo inicial- Miguel, Jorge (2), Pinares (2), Xoán, A. Fernández (6).

Colexiados: David Rodríguez e Andrés Sanjurjo.

O Vipecón Xiria sufriu para derrotar ao Balonmán Lalín na semifinal de Copa Federación e necesitou dunha prorroga para solventar o seu partido contra os dezanos. Deste xeito o equipo carballés clasifícase para a final.

Non foi un bo partido dos de Carballo que non tiveron o ritmo de xogo adecuado. A defensa non era tan contundente como noutras ocasións e a portería tamén actuaba de forma irregular. Non existían os contaataques nin a velocidade a que nos teñen acostumados os rapaces do Xiria e os ataques estáticos eran moi lentos e previsibles. Con este panorama, o Balonmán Lalín dominou o tempo do partido na primeira metade e impuxo sobre a pista unha clara superioridade. No descanso, os equipos retirabanse aos vestiarios co resultado de 14-15 a prol dos visitantes.

Na segunda parte, os locais aumentaron a súa velocidade así como a intensidade defensiva, isto propiciaba rapidos contraataques en segunda oleada que facían efectiva a remontada e permitía aos do Vipecón coller o mando do encontro. De calquera xeito as vantaxes eran mínimas e, a falta de 9 segundos, cando os locais gañaban por un gol, unha perda de balón inexplicable despois de saque de centro regaláballe o balón aos lalínenses que conseguían a igualada sobre a bucina. Así tíñase que disputar unha prorroga, pero aí os do Xiria souberon sacar o seu orgullo e moverse mellor nestes instantes de máxima tensión.

En resumo, mal partido dos de Carballo, pero excelente o premio colleitado que permite aos rapaces de Fernando Vázquez disputar a final deste torneo. O rival dos carballeses na final será ou o OAR, campión de liga e equipo invicto nesta camapña, disputándose a final na Coruña, ou o Lavadores, xogándose a final en Carballo.