VIPECÓN XIRIA 42 – CLUB CISNE DE BALONMÁN 25
Vipecón Xiria: 42 (23+19): Zúpez, Javi (4), Martín (8), Rubén Anes (5), Jorge (7), Álex (4), Rubén Gómez (8) -equipo inicial- Calvete (3), Luís, Miguel, Julián (2), Óscar(1). Club Cisne…
Vipecón Xiria: 42 (23+19): Zúpez, Javi (4), Martín (8), Rubén Anes (5), Jorge (7), Álex (4), Rubén Gómez (8) -equipo inicial- Calvete (3), Luís, Miguel, Julián (2), Óscar(1).
Club Cisne de Balonmán: 25 (7+18): Juan, José (10), David (6), D. Gonzalez (4), César (2), Jaime (2), Anxo (1) -equipo inicial- Javi, Iago, Conde, Valiño, Santi.
Colexiados: Daniel Portela e Alba Currás.
O Vipecón Xiria comenzou a competición oficial coa disputa da 1ª xornada da Copa Federación fronte ao Bm. Cisne de Pontevedra e iniciouna dunha maneira incontestable, presentando as súas credenciais para loitar polo título copeiro e polos máis altos da táboa clasificatoria na competición de liga.
A primeira metade foi claramente de dominio local. Xa dende o inicio a defensa do Vipecón impúxose e de que maneira ao ataque dos pontevedreses. Os carballeses mataban o partido ao contaataque e desplegaban sobre a pista do Vila de Noia un balonmán rápido, dinámico e atractivo cara o espectador. No descanso o encontro xa estaba finiquitado con un avultado 23-7 a prol dos locais.
A segunda parte non tivo historia e converteuse nun partido feo, motivado pola relaxación de uns e a resignación dos outros. Parecía que os dous equipos agardaban con ansia o pitido final por parte dos colexiados.
Ao remate, un 42-25 que permite aos de Carballo conseguir os seus primeiros dous puntos na competición. Na próxima xornada o Vipecón mídese, de novo no pavillón carballés, sábado ás 10.30 h, ao Rasoeiro Bm. do Grove..