Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

VIPECÓN XIRIA 49 – RASOEIRO BM. 25

Vipecón Xiria: 49 (19+30): Zúpez, Óscar, Martín (12), Anes (7), Jorge (5), Álex (2), Rubén Gómez (2) -equipo inicial- Calvete (7), Luís, Miguel, Julián (2), Javi (6), Edu (6). Rasoeiro…

Vipecón Xiria: 49 (19+30): Zúpez, Óscar, Martín (12), Anes (7), Jorge (5), Álex (2), Rubén Gómez (2) -equipo inicial- Calvete (7), Luís, Miguel, Julián (2), Javi (6), Edu (6).

Rasoeiro Bm.: 25 (14+11): Cristian, Guillermo (10), Álex (5), David (7), Ángel (2), Adrián (1), Alberto -equipo inicial- Ernesto, A. Rodríguez, Samuel.

Colexiados: Tatiana González e Carla Diz.

O Vipecón Xiria conseguiu outro contundente resultado na segunda xornada do torneo de Copa, desta volta ante o Rasoeiro Bm. do Grove, presentando, de novo, as súas credenciais para loitar polo título copeiro e polos postos máis altos da taboa clasificatoria na Liga.

A primeira metade foi claramente de dominio local, e xa dende o inicio, aínda que os visitantes conseguían recurtar a diferenza preto do descanso. A defensa do Vipecón impúxose, e de que maneira, ao ataque dos foraneos. Os carballeses mataban o partido ao contaataque e desplegaban sobre o parqué do Vila de Noia un balonmán rápido, dinámico e moi atractivo cara o espectador. Nos últimos minutos deste acto, unha pequena relaxación dos locais, debido a súa superioridade, propiciaba que o Rasoeiro se achegara a cinco goles, 19-14, diferenza coa que remataba o primeiro asalto.

A segunda parte non tivo practicamente historia, xa que o Vipecón saíu coma un ciclón a sentenciar o partido e a facelo pola máis ampla diferenza posible. Tan só cunha magnífica intensidade defensiva e rápidos contagolpes, os do Xiria poñían as cousas no seu sitio con un parcial de escandalo, 30-11, que deixaba un marcador ao remate do encontro de 49-25.

O partido da próxima fin de semana será ben distinto, xa que os de Carballo enfróntanse no Lalín Arena, o sábado ás 10.00 h, ao Balonmán Lalín, un dos equipos, ao igual que o Xiria,chamado a loitar por conquistar os títulos de Copa e Liga. Despois dos resultados que se deron nesta xornada nos outros grupos unha vitoria clasificaría ao Xiria como 1º de grupo mentres que un empate entre dezanos e carballeses clasificaría (Lalín como 1º de grupo e Vipecón como mellor segundo) aos dous equipos para as semifinais. Se os de Fernando Vázquez non conseguisen puntuar deberán agardar aos resultados dos outros grupos.