Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Volve o balonmán ao Vila de Noia

Debería de ter un partido sen sobresaltos o Calvo Xiria se xoga ca intensidade ca que soe facelo no seu feudo de Vila de Noia este sábado ás 18:00 ante…

Debería de ter un partido sen sobresaltos o Calvo Xiria se xoga ca intensidade ca que soe facelo no seu feudo de Vila de Noia este sábado ás 18:00 ante o Bm. Ártabro, tendo en conta a diferenza que sinala a táboa clasificatoria a día de hoxe. Deberá o conxunto carballés de saltar o máis centrado posible en facer un bo partido para evitar ningún tipo de contratempo. Serán baixa para o partido Iago e Julián con sendas fracturas nunha man e Pablo, que aínda está en proceso de recuperación.

Cambia de escenario o Goldie Xiria para recibir este sábado ao Pabellón Ourense, pois xogará no Pavillón de Bergantiños a partir das 7.30 da tarde. O enfrontamento diante do equipo ourensá será una boa maneira de comprobar a melloría amosada diante do Porriño a semana pasada. Pérdese o partido Marta Regueira, volve Tamara Pombo e estase pendente da recuperación de Zeltia, mancada fai dúas xornadas

Despois da importante vitoria do pasado Sábado na casa do líder, o Laber Xiria afronta os dous encontros que restan de liga coa ilusión de concretar a segunda praza do campionato, xa que a primeira está moi complicada. O primeiro envite será no derbi contra o BM.Artabro, este Sábado as 16:00h no Vila De Noia. Para este partido, José Pereira será baixa por lesión e Carlos Vilanova por enfermidade. O Grupo Lemaco Xiria disputará este Sábado ás 11:15h no Pavillón Municipal Vila de Noia a penúltima xornada de Liga contra o U.D. Lavadores. Os carballeses, que xa son matematicamente 4º na Liga Regular, tentarán sumar unha nova vitoria contra os vigueses, penúltimos clasificados, e ratificar así a boa segunda volta que están a facer. Ademais este encontro será o último de liga que xogue coma local o Grupo Lemaco, que quere brindar unha vitoria aos seus afeccionados e agradecer así o apoio ofrecido durante toda a tempada. Para este encontro causa baixa por enfermidade Miguel Regueiro.Ás 12:45 será a quenda para os infantís do Garaysa Xiria. Coa clasificación para a seguinte fase asegurada, agora só queda saber se como segundo ou terceiro clasificado; o partido ten que servir para competir a un ritmo alto ao longo dos 50 minutos, sen relaxacións. O Lavadores xógase a permanencia na división de honra, pero os carballeses queren desquitarse canto antes da derrota o fin de semana pasado fronte ao Cisne. Por outra banda, os infantís do Marmolería Jose Rey Xiria disputan a xornada 5 da Copa Delegación. Por agora contan os seus partidos por vitorias. O traballo realizado durante o ano nos adestramentos está a dar os seus froitos e a progresión é óptima; aínda que as últimas semanas están curtos de efectivos por culpa das lesións. Causan baixa para este partido Alejandro Sueiro e Brian Gomez. O partido dispútase o sábado 5 ás 10:30 no Colexio Alca de Santiago.

Máis sobre isto