Dous novos puntos para o conxunto carballés, que sen facer un gran partido se que tivo a virtude de impoñer o ritmo que máis lle interesou en cada momento. Comezou o Calvo Xiria sen a intensidade defensiva das últimas xornadas, dando moitas opcións aos vigueses de se achegar á liña de seis metros para lanzar en posicións moi cómodas, o que permitía ao conxunto local pensar en ter opcións de levarse algo positivo deste encontro. Pola contra o ataque verdibranco funcionaba e o mantiña cunha pequena vantaxe no electrónico. Dous erros consecutivos dos vigueses foron aproveitados para marchar ao vestiario cun +4, que deixaba o partido aínda aberto. Mais a actitude coa que saíron os xogadores do Calvo Xiria no segundo acto foi distinta e dez minutos foron suficientes para pechar o partido, o +8 acadado nese intre deuse por bo por parte duns e outros, que deixaron pasar os minutos tratando de gardar forzas para próximos envites.
A vindeira xornada, penúltima de liga, pechará o Calvo Xiria a súa participación coma local no Vila de Noia ante a SAR de Redondela, equipo polo que pelexa pola quinta praza.
Para rematar, dar a noraboa ao Cisne BM polo título ligueiro, e desexarlle sorte na fase de ascenso.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Pavillón Municipal de Carballal ante 200 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 2-3, 5-6, 8-9, 11-12, 12-15, 14-18 descanso, 16-22, 18-25, 22-29, 25-33, 28-36, 29-38. Colexiados: Aaron Seaty Prieto e Vanesa Pérez Domínguez do colexio galego. Exclusións por parte local; Héctor Soage (28´), Abel Carreira (30´, 48´, 57´) e por parte visitante: Alberto Lema (21´,35´,51´), Manuel (22´) e Mario García (57´).
GRANITOS IBÉRICOS 29 (14+15): Pedro Ramírez [p], David Álvarez [p], Luis Castro (5), Héctor Soage (7), Ismael Lago, Óscar Pombal (3), Pablo Pérez, Joaquín Rodríguez (5), Daniel Román (1), Hugo López, Abel Carreira (4), Jacobo Coello, Juan Araujo (4).
CALVO XIRIA 38 (18+20): Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Alejandro Naya [p], Sergio Facal (3), Brais Puñal (5), Martín Alfeirán (6), Javier Rodríguez (1), Manuel Méndez, Jorge Bouzas (5), Alejandro Calvete (1), Pablo Iglesias (9), Gonzalo Pombo (2), Julián López, Carlos A. Lema (4), Mario García de Seárez (2).