Vitoria do Garaysa Xiria ante o Seis do Nadal

O Garaysa Xiria vence ao Seis do Nadal logo dun gran partido de todo o equipo, e segue na parte alta da clasificación da Liga Ouro Infantil masculina.

Garaysa Xiria 32 – Nutrendo Seis do Nadal 19

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Álvaro Gómez, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Unai Cotelo, Izan Cabeza, Xabi Fernández, Hugo Rivas, Dani Marta, Saúl Fuentefría.

Incidencias:  Partido correspondente á 8ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo).

O partido comezaba co Garaysa Xiria coa súa defensa habitual 6:0 e cun Seis do Nadal con moitas dúbidas no seu ataque, que lle permitiron aos de Carballo defender e correr o contragolpe e chegar ao descanso cunha gran vantaxe no marcador.

Na segunda metade, o Garaysa probaría unha defensa 3:3 moi presionante que lle serviu para roubar varios balóns e sentenciar definitivamente o partido, que chegaría ao final cun claro 32-19 a favor dos de Carballo.

A próxima fin de semana o Garaysa Xiria visitará a pista do sempre complicado Balonmán Tui.