Vitoria e primeira posición para Calvo Xiria
Saíu o Calvo Xiria cas ideas moi claras ao Vila de Noia, evitar relaxación e resolver o encontro o antes posible para escapar de calquera situación non desexada. O primeiro…

Saíu o Calvo Xiria cas ideas moi claras ao Vila de Noia, evitar relaxación e resolver o encontro o antes posible para escapar de calquera situación non desexada. O primeiro parcial de 4-0 deixou ben ás claras as intencións dos bergantiñáns, que no primeiro cuarto de hora levaron a diferenza até os oito goles deixando o partido visto para sentenza, non só polo marcador senón sobre todo pola intensidade que amosaban na pista. A partires dese minuto pouca historia tivo o partido, chegándose ao descanso cun +14 moi evidente. O segundo acto foi un mero trámite que permitiu dar descanso a todos os xogadores locais.
Ten agora Calvo Xiria dúas saídas consecutivas, a primeira a Bueu e a seguinte a Cangas. Será cada unha delas moi complicada, e terán que traballar a reo para levarse os puntos en xogo e manter o liderado en solitario logo do empate do Chapela e o Novás este pasado sábado.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia con preto de 300 seareiros nas bancadas. Colexiados: Santiago Piñera Fombona e Javier Quesada Gutiérrez do colexio asturiano, sen complicacións. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Javier Rodríguez (15´), Ramón Suárez-Pumariega (23´, 55´), Manuel Méndez (33´), Jorge Bouzas (46´), namentres polo Bm Ártabro Novo Mesoiro foi sancionado Juan Ligero (40´). 7 metros: Calvo Xiria 1//3, Bm. Ártabro Novo Mesoiro 1//7. Marcador cada 5 minutos: 4-0, 7-2, 12-4, 15-7, 19-7, 21-7, descanso, 24-11, 27-13, 29-14, 32-16, 37-17.
CALVO XIRIA 37 (21+16): Martín Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete (1), Brais Puñal (6), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (3), Uxío Batán (6), Martín Alfeirán (5), Gonzalo Pombo (1), Ramón Suárez–Pumariega (3), Jorge Bouzas (3), Javier Rodríguez (5), Mario García de Seárez (1), Gabriel Castiñeiras (2).
BM ÁRTABRO NOVO MESOIRO 17 (7 + 10): Rubén Leira [p], Daniel Buño [p], Juan Ligero (2), Ángel Rodríguez, Miguel Rey (2), Iago Ferreiro (4), Diego Gago (3), David Rodríguez, Enrique Pena (3), Miguel Casal, Manuel Rial (2), David Bouza, Marcos Carro (1), Antón Rodríguez, Miguel Barbeira.