Vitoria do Grupo Lemaco Xiria no segundo partido

Partido correspondente á xornada 2 da fase final de división de honra cadete masculina; enfrontaba ao Grupo Lemaco Xiria co Luceros El Hormiguero.

Ao comezo do choque os dous equipos medíanse en forzas; por impoñer o seu ritmo de xogo; ata que no minuto 15 o Xiria, axustaba a súa defensa e conseguía a primeira vantaxe clara +5. Tempo morto solicitado polo Luceros, que non conseguía frear aos do Xiria. O marcador ao descanso era de 21 a 14.

Na continuación, o Grupo Lemaco, sairía mentalizado a por o partido e no minuto 40 chegábase á máxima diferenza de 10 goles. O Luceros volvía parar o encontro e tentaba unha defensa mixta sobre Mario Cancela recortar o resultado. Ao principio xerou algunha dúbida ao ataque carballés, o que diu esperanzas aos de Cangas para os últimos dez minutos con diferenza de 5 goles. Ordenaron ideas os de Xiria e sentenciaban o encontro a falta de 5 minutos para poder pensar no partido do domingo.

Mañá á 13:00 no pavillón O Loureiro de Vigo enfrontaranse o Carballal e o Xiria por unha praza no campionato de España.

Incidencias: Partido disputado no pavillón O Loureiro, Vigo, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Sergio Rodríguez y Marta González do colexio galego.

GRUPO LEMACO XIRIA 37 ( 21 + 16 ): Darío Calviño [p], Pedro Pena [p], Álex Puñal (1), Fernando Mallo (4), Julián García (5), Martín Fuentes (2), Javier Rodríguez (3), Esteban Puñal (3), Juan Martín Fajardo, Pablo Esmoris, Antonio Calvelo (2), Carlos Varela (2), Mario Cancela (6), Aaron Rodríguez (5), Diego Antelo (1), Daniel Mallo (3).

LUCEROS EL HORMIGUERO 30 ( 14 + 16 ): Miguel Hermelo, Eloy González, Rodríguez Bacelar (2), José Paz, Carlos Menduiña, Manuel Pérez (11), Pablo Fernández (2), Victor Costas (5), Javier Freire (2), Rubén Augusto (2), Manuel Meira (1), Iván Taboas, Gael Blanco (5), Yerom Alfaya.