O Grupo Lemaco Xiria queda ás portas nun gran partido

Último partido da fase final, onde o AD Carballal e o Grupo Lemaco Xiria xogábanse a única praza para o campionato de España. O partido non defraudou a ninguén; intercambio de goles, emoción co marcador igualado e bo balonmán para goce de todos os asistentes.

E é que desde o inicio, o encontro colleu un ritmo alto, dous equipos enfrontados do teu ao teu, e sen complexos; ambos dispuxeron unha defensa 5:1, aínda que se puideron ver diferenzas nos axustes. Tras o primeiro tramo do partido, o Xiria que en defensa estaba ben, en ataque dependía demasiado de Mario Cancela, que estivo nun nivel alto durante os 60 miuntos e ao cabo foi elixido mellor xogador da fase final. O marcador era desfavorable para os de Carballo por dous goles.

Chegaron as rotacións e un cambio de sistema defensivo a 6:0 que funcionou e permitiu empatar o partido. Pero unha desafortunada última acción antes do descanso, permitiu ao Carballal irse dun. 16 a 15.

Na continuación, o Xiria empezaba defendendo e tivo que pasar o primeiro match ball, cando perdía de 4 goles. Puido remontar grazas ao excelente traballo defensivo e mesmo chegou a poñerse dous goles por riba. Co resultado de 20 a 22, o Carballal pediu tempo morto e aproveitando unha situación de superioridade, púxose de novo por diante. Novo match ball para os de Carballo que tras uns minutos de dúbidas; volvían perder de 4 goles.

Con traballo e tras as rotacións o Xiria atopábase en perfectas condicións para volver ao partido, un gran esforzo permitiulles afrontar o último minuto cun xogador máis; pero perdían dun, e só lles valía gañar. Carballal atopou o gol pola zona exterior e deixaba o partido sentenciado; aínda que o carácter loitador do Xiria, levo o resultado final ao 35 a 34, cunha gran ovación de todos os afeccionados presentes no pavillón.

Non puido lograr a ansiada praza ao Campionato de España, pero o Grupo Lemaco Xiria, diu o parabén ao seu rival, nun día duro de afrontar. Os ensinos deste partido e o traballo diario seguro dará unha nova oportunidade de pelexar por competir cos mellores de España.

Incidencias: Partido disputado no pavillón O Loureiro, Vigo, ante uns 200 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Julio Villanueva e Oscar Fernández do colexio galego.

A.D. CARBALLAL 32 ( 13 + 19): Iago Suárez, David Álvarez, Yeray Eiro (3), Ignacio Costas, Iago Costas (8), Lois Martínez, Alejandro López (3), Anxo Fontán (7), Guillermo Álvarez, Brais Alonso (2), Roi Gallego (8), Manuel González, Pablo Vilaboa, Raúl Garrido, Pedro Pérez.

GRUPO LEMACO XIRIA 32 ( 15 + 17 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Álex Puñal, Fernando Mallo (4), Julián García (3), Martín Fuentes (1), Javier Rodríguez, Esteban Puñal (3), Juan Martín Fajardo, Pablo Esmoris, Antonio Calvelo (3), Carlos Varela (2), Mario Cancela (9), Aaron Rodríguez (3), Diego Antelo (1), Daniel Mallo (4).