Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Difícil saída para Calvo Xiria

Primeiro de dous partidos consecutivos coma visitante para o Calvo Xiria. O encontro disputarse no Pavillón Pablo Herbello de Bueu a partir das 19:00. Precisan os carballeses os puntos para…

Primeiro de dous partidos consecutivos coma visitante para o Calvo Xiria. O encontro disputarse no Pavillón Pablo Herbello de Bueu a partir das 19:00. Precisan os carballeses os puntos para manter a posición de privilexio na que se atopan actualmente e para acadalos será preciso moita concentración e entrega en tarefas defensivas para deste xeito ter opcións a ataques rápidos, pois pola contra terá un máis que difícil encontro nunha pista na que puntuar é moi complicado para calquera equipo da categoría. Seguen a ser baixa Iago, Julián e Pablo. Pola contra é moi posible que entre na convocatoria o xuvenil Carlos logo de deixar atrás un proceso gripal.

Cando tan so restan tres xornadas para o remate da Liga de Primeira Autonómica Feminina, o Goldie Xiria desprázase este sábado a O Grove para loitar por rematar canto máis arriba na clasificación, actualmente atópase na sexta posición precedido polo rival do sábado, o Meloxeira Rasoeiro que é quinto a tan so dous puntos. Espérase a recuperación de Zeltia Landeira, a evolución de Marta Regueira e perderase o encontro a porteira Brenda Noya por traballo.

Afronta o Laber Xiria a última xornada de liga coa tranquilidade de saberse segundo de forma matemática, pero coa ilusión de conseguir a vitoria en Ourense e completar desta maneira unha segunda volta inmaculada e a obrigación de alcanzar tal obxectivo ante a improbable, pero posible situación de que o Bueu poida ser superado no primeiro posto. Coa baixa de José Pereira por lesión, viaxan os bergantiñáns a Ourense para enfrontarse o Sábado ás 11:15 ao Pavillón nos Remedios. Tamén o sábado ás 10:00, pero en Vigo, os infantís do Garaysa Xiria enfróntanse ao A.D. Carballal, líder da categoría. Este será o último partido da división de honra e será unha proba para ambos conxuntos que se verán as caras na seguinte fase, na loita polo campionato galego. Xusto cando remate este encontro o Grupo Lemaco Xiria cadete saltará a pista viguesa ca idea de pechar a tempada cunha nova vitoria, seguir a mellorar na defensa e na selección de lanzamentos serán claves para acadar o obxectivo no encontro. Por outra banda, o Marmolería José Rey Xiria, xógase o liderado da Copa Deputación ante o Culleredo, o domingo 13 ás 10:15 no pavillón Vila de Noia, en Carballo. Os locais tentarán impor un ritmo alto ao partido ante o xogo máis físico dos visitantes.

Por último, o sábado espéranos outra emocionante xornada de minibalonmán; con partidos no CEIP Fogar. Por unha banda, os alevíns do Xiria Telepizza Carballo e LK Xiria ás 10:30 e por outra, os benxamíns do Grupo Lemaco Xiria e Oak English Centre Xiria ás 11:15. E se desprazarán a Zas para xogar contra o anfitrión, o equipo benxamín do Laber Xiria ás 11:15 e o alevín feminino do Marmolería José Rey Xiria ás 12:00.

Máis sobre isto