Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xuvenil masculino

Vitoria importante do Laber Xiria cara ao obxectivo final

O Laber Xiria conseguíu unha importantísima vitoria no día de onte no centro de tecnificación deportiva de Pontevedra. O BM. Cisne, rival directo dos de Carballo e situado a tan…

O Laber Xiria conseguíu unha importantísima vitoria no día de onte no centro de tecnificación deportiva de Pontevedra. O BM. Cisne, rival directo dos de Carballo e situado a tan só dous puntos destes cun partido menos, prometía ser un duro competidor e o encontro convertíase en vital para as aspiracións dos dous conxuntos. Comezaba o partido e o equipo local tomaba o mando no marcador, o Xiria tardaba en marcar, fallando varios lanzamentos claros e ata dous penaltis nos primeiros compases. A partir do minuto 10 e con 4-3 no electrónico, o encontro entrou núns algarismos parellos, tanto que, despois das diferentes alternativas no marcador para úns e outros, os primeiros trinta minutos acabarían nunhas táboas (14-14) que deixarían o desenlace aberto cara á continuación. Foi o equipo carballés o que tomaría vantaxe á volta do paso por vestiarios e mantería até os últimos minutos finais, momento no que os locais poñíanse de novo por diante (24-23). A batalla era agónica e os bergantiñáns, que gozaran dunha vantaxe de até tres goles, vían agora como o seu rival adiantábase na recta final. O Laber Xiria estaba totalmente enchufado ao encontro e cun 1-4 de parcial en cinco minutos, volvería dar a volta ao marcador (25-27), unha diferenza que xa non abandonaría e que lle permitiría conseguir estes dous puntos vitais para lograr o obxectivo final a falta de tres xornadas para o final da liga regular.

A semana que vén, o Laber Xiria disputará unha nova final, esta vez fronte ao Seis Do Nadal, actual líder do campionato, un rival de moito potencial que promete un gran encontro no Vila De Noia de Carballo.

Cisne: 29 (14+15). Javier Pontanilla, Gonzalo Pazos, Daniel GonÇalves, Javier Torres (7), Marcos Blanco, Roque Arias (6), Alberto Cuenca, Daniel López (1), Martín Refojos (3), Diego De La Iglesia, Álvaro Preciado (4), Alberto Donato, Diego García, Alejandro Conde (8), David Sineiro.

Laber Xiria: 31 (14+17). Antonio Mato (p), Manuel Souto (p), Samuel Castiñeiras (p), Santiago Oreiro, Carlos Vilanova (4), Juan Carlos Rodríguez (11), Francisco Rey (2), José Varela, Andrés Vila (8), Ronaldo Durán (2), Andy Rey (1), Roi Alfeirán (3), Manuel Sánchez, Alex Gómez, Andrés Urbieta.

Colexiados: Pablo Barreiro e Abel Juncal. Sen complicacións

Incidencias: Enontro da 19ª xornada da liga de DH xuvenil masculino, disputado no Centro de tecnificación deportiva de Pontevedra ante un centenar de siareiros de ambos os conxuntos.

Fotos do partido:

DSC_0817 (1) DSC_0821 (1) DSC_0825 (2) DSC_0830 (1) DSC_0831 (1) DSC_0832 DSC_0835 (1) DSC_0836 (1) DSC_0837 (1) DSC_0838 (1) DSC_0839 (1) DSC_0840 (1) DSC_0841 (1) DSC_0842 DSC_0849 DSC_0851 (1) DSC_0852 (1) DSC_0856 DSC_0860 (1) DSC_0862 (1) DSC_0864 DSC_0866 (1) DSC_0868 DSC_0869 DSC_0870 DSC_0871

Próximo partido

Xuvenil masculino20:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 8
EMBUTIDOS LALINENSE
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Máis sobre isto