Na segunda xornada de Copa o grupo infantil do Xiria se achegaba a Almeiras para enfrontarse a un vello coñecido de Liga, o BM Culleredo.
Pasados os primeiros lances do encontro, o Xiria tomaba a dianteira con boa efectividade na faceta ofensiva, dobrando no marcado ó Culleredo (7-14). Sin embargo, a modificación das pautas no sistema defensivo local e os reiterados erros de lanzamento por parte do Xiria deixaban unha sequía goleadora que se prolongou ata a marcha ós vestiarios co (11-16).
Na segunda metade os de Bergantiños baixaron os brazos en defensa e deixaban situacións doadas para que o Culleredo aproveitase na meta de Andrés, mantendo o pulso a un electrónico que se aproximou ata os dous tantos. O aumento de acerto nos lanzamentos e os contraataques en primeira oleada volveron a poñer terra de por medio, pero a ausencia de intensidade defensiva durante todo o encontro deixaba sensacións negativas a un Xiria que non se atopaba cómodo en ningún instante.
BM CULLEREDO OPTICA GALLAECIA 29 – 36 GARAYSA XIRIA A
Toca agardar ó fin de semana para volver a enfrontarse ó Línea21, equipo que eliminou ó Garaysa na Final4 galega.