Volve a 1ª Estatal ao Vila de Noia
Primeira xornada coma local para o Calvo Xiria na 1ª Estatal. Logo da vitoria no derbi provincial ante o OAR, recibe este sábado no Vila de Noia ás 18:00 ao…

Primeira xornada coma local para o Calvo Xiria na 1ª Estatal. Logo da vitoria no derbi provincial ante o OAR, recibe este sábado no Vila de Noia ás 18:00 ao recentemente ascendido Teucro, conxunto filial do equipo que milita na División de Honra B, e que na pasada xornada acadou un cómodo triunfo. Tentarán os carballeses impor o ritmo no partido dende a súa defensa, procurando que os lanzadores pontevedreses non teñan opcións cómodas, e que de paso permita transicións rápidas,para acadar goles cómodos na contra. No ataque posicional, o xogo combinativo ofensivo deberá primar ante as accións individuais para superar a defensa do Teucro.
E o mesmo sábado, mais en horario de mañá, os equipos da División de Honra desprázanse a Redondela para os seus disputar ante a SAR a segunda xornada de liga.
Ás 10:00 o Garaysa Xiria, despois das boas sensacións da primeira xornada fronte ao Carballal afronta o partido coa máxima ilusión e tratando de axustar o bloque defensivo que lle permita seguir crecendo a nivel colectivo. Buscarán os dous puntos ante o que será o primeiro partido a domicilio da tempada.
De seguido, ás 11:15, os cadetes do Grupo Lemaco Xiria tentarán axustar máis o seu bloque central defensivo, amosarse máis dinámicos no seu ataque e darlle maior continuidade ao balón. As saídas rápidas ao contraataque deberan ser un dos principais argumentos diante do seu rival. Recupérase para este partido Brais Vila que non puido ser da partida a pasada xornada.
E para rematar quenda dos xuvenís. Laber Xiria, despois da vitoria do pasado domingo, deberá de superar as baixas de Santi e Roi, que con senllas escordaduras, aínda están en proceso de recuperación. O traballo colectivo será fundamental acadar os puntos en xogo.
