XIV Escola deportiva de Verán e 3ª Escola de Xogo e Iniciación Deportiva para Peques
Xa se atopa aberto o prazo de incrición para a «XIV Escola Deportiva de Verán» e para a «3ª Escola de Xogo e Iniciación Deportiva para Peques». Ambas actividades desenvolveranse…
Xa se atopa aberto o prazo de incrición para a «XIV Escola Deportiva de Verán» e para a «3ª Escola de Xogo e Iniciación Deportiva para Peques».
Ambas actividades desenvolveranse dende o 9 de xullo ao 5 de setembro e están organizadas pola Asociación Deportiva Xiria, o Padroado Deportivo Municipal e a Asociación Anti-Droga Vieiro, coa colaboración de Caixanova, Hierros Varela Urbieta e Listagranit.
As inscricións realizaranse nas oficinas do Padroado Deportivo Municipal, rúa Coruña núm. 1.
Toda a información relativa ás actividades está incluída nos trípticos que se poden descargar na marxe superior dereita desta páxina. Para máis información pode chamarse aos teléfonos 981 702 109 (Padroado) ou 609 560 955 (AD Xiria)


