Lalín Cup 2007
Os equipos Caixanova Xiria A, Caixanova Xiria B e Caixanova Xiria C, en categoría alevín, e Caixanova Xiria, en categoría benxamín, desprazanse o vindiero sábado 9 de xuño á localidade…
Os equipos Caixanova Xiria A, Caixanova Xiria B e Caixanova Xiria C, en categoría alevín, e Caixanova Xiria, en categoría benxamín, desprazanse o vindiero sábado 9 de xuño á localidade pontevedresa de Lalín para participar na «Lalín Cup 2007» que orgazniza a Fundación Deporte en Lalín coa colaboración dos clubs Balonmán Portadeza Lalín e Balonmán Deza.
Tanto en categoría alevín como benxamín, participarán 8 equipos divididos en dous grupos, os primeiros de cada grupo xogarán a final e os segundos loitarán polo terceiro e cuarto posto.
En alevíns o Caixanova Xiria A e Caixanova Xiria C quedaron encadrados no Grupo A onde terán como rivais ao lalín A e ao Teucro A, namentres que o Caixanova Xiria C terá que verse as caras co Lalín B, Teucro B e Octavio.
En benxamíns o Caixanova Xiria pelexará co Lalín B, Teucro B e Octavio no Grupo B. O grupo A esta formado por Lalín A, Deza, Teucro e Bueu.
Excelente papel o realizado polo Caixanova Xiria benxamín na Lalín Cup 2007 que se disputou o pasado sábado en Lalín e na que os carballeses se proclamaron campións amosando unha notable superioridade fronte aos seus contricantes. Na final o Caixanova Xiria impúxose ao Teucro por 16-5.
Na categoría alevín os tres equipos do club, Caixanova Xiria A, Caixanova Xiria B e Caixanova Xiria C remataron nos postos 4º, 6º e 8º respectivamente, nunha competición na que o Lalín derrotou na final ao Teucro.


