Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

Xoga o Calvo Xiria en Bueu un complicado encontro

Difícil saída para o Calvo Xiria que ten que render visita ao Bueu Atl., equipo que incrementa notable as súas prestacións cando xoga na súa casa. O partido dará comezo…

Difícil saída para o Calvo Xiria que ten que render visita ao Bueu Atl., equipo que incrementa notable as súas prestacións cando xoga na súa casa. O partido dará comezo ás 19:00 e será dirixido polo colexiados galegos Pedro Eiras Abalde e Aaron Sestay Prieto.

Deberán de manter a concentración durante os sesenta minutos os carballeses se pretenden facerse cos puntos en xogo, ante un conxunto que estará moi motivado para tentar levarse a vitoria e no que cabe destacar a aportación da súa portería e anticipación defensiva que lle permite montar rápidos contraataques, así coma a mobilidade da súa primeira liña e a conexión co pivote. Os verdinegros tentarán de seguir na liña de xogo amosada hai sete días ante o Chapela para deste xeito seguir a comandar a clasificación.

Duelo de rivalidade provincial para o Goldie Xiria que desta volta xoga o sábado ás 12:00 no Pavillón do Areal ante o Bm. Camariñas, nun partido no que non perder balóns e estar moi finas de cara á portería rival serán parte fundamental das opcións para acadar os dous primeiros puntos desta nova fase.

Os equipos de División de Honra disputan os seus enfrontamentos como locais no Vila de Noia o domingo. Os xuvenís do Laber mídense ao Octavio, 13:00 horas, ao igual que os cadetes do Grupo Lemaco Xiria, 11:45 horas. Tanto uns coma outros deben de optar á vitoria para seguir a escalar postos na táboa clasificatoria. A disciplina no xogo ofensivo e o traballo de axudas e anticipación na faceta defensiva deben de ser argumentos que utilicen os carballeses para encamiñar os seus respectivos partidos.

Pola súa banda, o Garaysa Xiria se enfrontará ao Nova Xestión Pabellón, ás 10:30. Os ourensáns teñen no seu xogo lento e pausado a súa principal arma, levando os ataques até o xogo pasivo. Pola contra, os de Garaysa coas ideas claras no seu xogo, requirirán de gran concentración á hora de defender, limitando o número de erros e non caer en relaxacións para recuperar balóns e darlle maior ritmo ao partido.

O sábado será a quenda para os equipos infantís masculino e feminino de categoría territorial, que reciben no pavillón Ceip Fogar ao Bm Culleredo.
Ás 11:00 empezará o Marmolería José Rey Xiria, que ten ante se un choque onde o factor físico xoga claramente a favor do equipo visitante. Tratarán de competir o mellor posible, seguindo a progresión dos últimos partidos, para redimirse do mal encontro disputado na ida.
Inmediatamente despois, ás 12:15 empeza o Punta del Este Xiria. As xogadoras carballesas que a semana pasada non conseguiron xogar un bo partido; deberán traballar arreo desde a defensa, se queren conseguir os dous puntos; xa que defender ben e intensas, ao longo dos 50 minutos permítelles xogar máis tranquilas en ataque.

Máis sobre isto