Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xuvenil masculino

Ampla vitoria no derbi dun Laber Xiria de máis a menos

O Laber Xiria xuvenil, realizou úns primeiros trinta minutos excelentes onde, de forma incontestable, conseguiu un 8-20 de parcial fronte a un gran rival como o BM. Artabro no segundo…

O Laber Xiria xuvenil, realizou úns primeiros trinta minutos excelentes onde, de forma incontestable, conseguiu un 8-20 de parcial fronte a un gran rival como o BM. Artabro no segundo derbi da tempada. Os de Carballo, que están a loitar por terminar a liga nos postos que dan opción a xogar a fase que dá acceso ao campionato de España, non se podían permitir ningún tropezo máis e saíron moi intensos e concentrados ante un rival de gran entidade e con moi bos xogadores nas súas filas. A defensa bergantiñá foi capaz de levantar un muro ante a primeira liña local, que non atopaba os espazos efectivos cara á portería defendida por Antonio. Tan só na conexión co pivote, atopaban de cando en vez algunha físgoa na ferrea retagarda visitante. Co bloque defensivo funcionando a gran nivel, as contras, tanto en primeira como en segunda onda, convertíanse nunha arma letal en mán dos de Xiria e marcaban diferenzas importantes no meridiano deste primeiro acto (4-10). A gran diferenza alcanzada ao descanso, parecía dar o partido por sentenciado salvo sorpresa maiúscula, sorpresa que non chegou, a pesar do baixón en canto á intensidade do conxunto de Carballo. Esta relaxación foi a que propiciou que os verdinegros encaixasen o dobre de goles neste segundo tempo que no primeiro, isto e un equipo, o local, que de forma encomiable e a pesar da diferenza, seguíu xogando con orgullo e mantivo unha acitud notable no 40×20 do pavillón de Novo Mesoiro.

Ao final e o máis importante, a vitoria dun Laber Xiria que segue situado na terceira posición da clasificación e que a semana que vén recibe ao Octavio de Vigo na que será outra final para os carballeses.

BM.Artabro: 25 (8+17). Iago Franco (1), Daniel Martínez (3), Jorge Varela (4), Andrea Marie (p), Miguel Mouriño (6), Eloy Caamaño (1), David Rey (1), D. Queijeiro (1), Anxo Romero (3), Pablo Salgado, Jaime Ceira (1), C. H. Rodríguez (4). Christian Remeseiro.

Laber Xiria: 34 (20+14). Antonio (p), Souto (p), Samuel (p), José Varela (1), Carlos Vilanova (3), Andrés Vila (8), Manuel Sánchez, Roi Alfeirán (4), Ronaldo Durán, Fran Rey (4), Juan Carlos Rodríguez (12), Santiago Oreiro (1), Alex Gómez (1), Andrés Urbieta.

Colexiados: Pablo Barreiro e Gabriel Folgoso. Sen complicacións.

Parciais cada 5´: 4-3 /6-5 /8-8 /10-11 /14-13 /15-14-**Descanso-**18-15 /19-15 /21-19 /23-19 /24-20 /28-22-Final.

Incidencias: Partido da 16ª xornada da División de Honra 2016/17, celebrado no pavillón Novo Mesoiro ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.

Fotos do encontro:

DESTACADA 2

DESTACADA

DSC_0420

DSC_0423

DSC_0424

DSC_0426

DSC_0427

DSC_0428

DSC_0429

DSC_0431

DSC_0432

DSC_0435 (1)

DSC_0439 (2)

DSC_0443 (1)

DSC_0445

DSC_0451 (1)

DSC_0453 (1)

DSC_0454 (1)

DSC_0461 (1)

DSC_0462 (1)

DSC_0463 (1)

DSC_0464

DSC_0466 (1)

DSC_0473 (2)

Próximo partido

Xuvenil masculino20:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 8
EMBUTIDOS LALINENSE
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Máis sobre isto