Xornada decisiva para o Goldie Xiria

Disputa o equipo feminino do Goldie Xiria este sábado o partido máis importante da xornada para Escolas Balonmán Xiria. Xóganse as carballesas este sábado gran parte das súas aspiracións por meterse no Grupo que loite polo ascenso, recibindo a S.D. Teucro a partir das 8 da tarde no Pavillón Vila de Noia. Rival directo co que loita por esa cuarta praza que da dereito a entrar no grupo polo ascenso. Na primeira volta o Goldie caía en Pontevedra por 20 a 15, polo que as carballesas se ven na obriga de vencer e contrarrestar esa diferenza de goles que nestes momentos favorece ao Teucro. O partido clave da tempada chega logo do parón de Nadal e con grandes incógnitas sobre o momento de forma en que se encontran ambos equipos. O Xiria deberá facer valer o factor cancha e tirar do alento da súa afección, necesita un partido aberto, a moitos goles e imprimindo constantemente velocidade ao encontro. AGARDAMOS O APOIO DE TOD@S @S SEAREIR@S PARA ESTE PARTIDO.

Inicia o Calvo Xiria a 2ª volta da liga ante o pechacancelas, Poio Artai, co obxectivo de retomar o bo xogo, sobre todo no eido ofensivo, para ir acadando o momento óptimo de forma para as seguintes xornadas. Evitar que os pontevedreses teñan facilidades para acadar goles e impor un ritmo de xogo o máis alto posible son os obxectivos para os carballeses, que de novo non poderán pechar a súa convocatoria ate o derradeiro adestramento. De seguro non estará entre os escollidos Ramón por mor de compromisos laborais e Rubén que está a sufrir un proceso gripal.

Xuvenís e infantís da División de Honra xogan na pista do Lavadores de Vigo o sábado ás 12:45 e 11:30 respectivamente.O Laber Xiria non se pode confiar se quere seguir mantendo a distancia cos seus perseguidores. O conxunto olívico, pese a ocupar os derradeiros postos da clasificación, poden poñer en moitos apuros aos de Carballo si estes non manteñen a concentración e a intensidade que precisa o envite. Namentres o Garyasa viaxa a Vigo con todos os seus efectivos, agás a coñecida baixa de Urbieta, para xogar un importante partido contra o Lavadores. Os carballeses chegan na 8ª posición con 8 puntos, mentres que os de Vigo son 10º con 5 puntos. A quenda do Grupo Lemaco chegará o domingo en Bueu. Afrontan os cadetes un partido con moitas baixas fronte ao derradeiro clasificado, o BM. Bueu, que aínda non foi quen de acadar unha vitoria no que vai de tempada. Ata sete rapaces non poderán disputar o encontro, pero inda así, os carballeses deberán impoñerse ao seu rival para seguir mirando cara arriba na clasificación.
O Marmolería Jose Rey infantil xoga tamén lonxe de Carballo o Sábado, será en Camariñas ás 10:00h. Non agarda ter demasiados problemas o Xiria para acadar a vitoria tendo en conta o resultado no encontro de ida onde os nosos gañaron 44-8. A coincidencia de horarios cos partidos alevíns provoca que Juan, Toni e Mario causen baixa co equipo de infantil Territorial. Despois do parón de Nadal, retómase o sábado a liga de minibalomán na categoría benxamín coa disputa da xornada no Pavillón do CEIP Fogar a partires das 10:00, Grupo Lemaco, Laber e Oak English Centre competirán desta volta. E os alevíns teñen compromisos da súa liga de Balonmán, o Ifecgas xogará en Arteixo ás 12:00 e o LK no CEIP Fogar as 12:30.