As seleccións galegas de categoría cadete masculina, infantil masculina realizarán unha concentración os vindeiros días 3 e 4 de novembro no albergue «Marina Española» de Bergondo. Foron convocados os carballeses Álex Zas do Oak English Centre Xiria na categoría cadete masculina e David García e Miguel Suárez-Pumariega do Procasa Xiria e Ifecgás Pereira Xiria na categoría infantil masculina.