O Garaysa Xiria B acaba 1º clasificado do grupo A da Liga Prata infantil masculina e xogará a segunda fase ante os mellores.
Bm Abegondo 27 – Garaysa Xiria B 30
Garaysa Xiria: Román Pérez, Pablo Seoane (1), Manuel P. Mira (6), Héctor Castro (13), Manuel P. Fieira (4), Rodrigo Castiñeiras (2), Dani Valencia, Pablo Martínez (3), Iker Martínez (1) e Antón Cortés.
Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón San Marcos (Abegondo)
Chegaba o encontro entre os dous primeiros clasificados do grupo A da Liga Prata infantil masculina. O partido arrancaba con moita intensidade por parte de ambos equipos, onde os carballeses conseguían saír algo mellor e obrigaban aos locáis a parar o encontro cunha diferencia de 3 goles. Dende ahí, o choque igualaríase para chegar ao desacanso cun 13-13.
A segunda metade foi moi semellante á primeira, pero os de Carballo souberon correxir os erros que os penalizaron na primeira metade, e a pequena vantaxe que conseguiron, souberona xestionar mellor, para chegar ao final cun 27-30 a favor.
Excelente primeira fase para o Garaysa Xiria B con 14 vitorias en 14 encontros, onde finaliza 1º clasificado. A vindeira semana comezará a segunda fase onde os de Carballo terán como riváis ao Arteixo, Ribeiro, Meaño, Bueu e Tui, cun calendario aínda por coñecer.


