Problamente un dos mellores partidos na faceta defensiva dos de Carballo, que estiveron poucos eficaces cara portería, sobre todo na primeira metade, o que condicionou o resultado final e a vitoria de Carballal.
Aínda que desde o inicio do partido os parciais foron favorables aos visitantes, o conxunto do Xiria mantívose firme no esforzo defensivo. A baixa efectividade goleadora lastrou o gran partido que estaba a realizar o equipo. A primeira parte finalizaba con 5 a 10.
Lonxe de engurrarse, o Montaxes Carballo Xiria, loitou con valentía para darlle a volta ao marcador. Así chegados ao minuto 40, chegouse ao empate a 12. A desvantaxe numérica, grazas ás exclusións xogou en favor dos visitantes que se volveron a ir no marcador. O desgaste físico ao que se someteu o equipo para remontar, deixaba sen opcións de sacar un resultado máis positivo.
Pero o Montaxes Carballo Xiria seguiuno tentando ata o asubío final (19 – 25).
Afronta unha semana de descanso na competición ligueira co propósito de mellorar e recuperar efectivos para a parte final da tempada.
Montaxes Carballo Xiria 19 – Autocaravanas Van & Fun A.D. Carballal 25
Montaxes Carballo Xiria (5+14): Xano Rama (p), Izan Cabeza (p), Diego Mourelle (6), Simón Viña, Andrés Pombo, Nicolás Cancela (1), Daniel Periscal (5), Brais Suárez, Aday Gómez, Marcos Varela (4), Maxi Díaz, Jorge Rodríguez (3).
Autocaravanas Van & Fun A.D. Carballal (10+15): Nicolás Vila (1), Yago López (9), Xoel Malfaz (7), Víctor Rodríguez (2), Anxo Barciela (3), Bruno Veiga, Xosé Fortes, Carlos Barciela, Bruno Pérez, Alex Lage (3), Andrés Vila, Laro García.
Árbitros: Uxía Mariño e Daniel Suárez.
Incidencias: Partido correspondente a 14ª xornada da liga Ouro xuvenil masculina, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).


