O Grupo Lemaco de Liga Ouro afrontaba esta semana dous encontros, o primeiro deles entre semana recibindo o At. Guardés como partido aprazado da 1ª xornada. As carballesas comenzaron algo erráticas no lanzamento pero sempre por diante no electrónico. A defensa 6-0 pontevedresa non era quen de suxeitar ás verdes, pero si era a porteira visitante a que mantiña a raia a súa defensa evitando que se abriran distancias maiores. As transicións rápidas das locais non daba respiro o At. Guardés que a pesar dos esforzos, non foron capaces de facer peligrar o resultado. Xa na mañá do sábado o Vila de Noia recibía a un equipo co que nos habíamos enfrentado na fase previa do Play Off, da outra vez como visitantes, o Bm. Caselas, saldándose de novo con victoria para as verdes, esta vez de maneira máis clara. O inicio foi moi bo, cunha defensa sólida e anticipada que lles permitiu colocarse cun 5-1 a favor desde moi temprano. Esa comodidade trasladábase ó xogo, e onde as rotacións carballesas permitíalles manter un ritmo alto de encontro que co paso dos minutos terminou por superar ás de Caselas, que xa perdían 23-10 no descanso. Nunha segunda metade co encontro resolto, as verdes baixaron un pouco a intensidade que lles levou a cometer algunhas imprecisións, pero co partido xa pechado.
Con estas dúas victorias o Grupo Lemaco encarámase nos primeiros postos da Liga Ouro con tres victorias en outros tantos partidos, antes de visitar o Bm. Lalín a vindeira semana


