Dous de dous para o Grupo Lemaco(24-21)

Dous de dous para o Grupo Lemaco(24-21)

O Grupo Lemaco Xiria acadou unha importante victoria e moi traballada ante o Balonman Cangas nun encontro que se decidiu no último cuarto. 

As carballesas non foron quen de dominar a primeira metade(9-10), cun Cangas encontrando a liña de seis metros e sacando accións de sete metros que penalizaron ás carballesas. A defensa verde foi bastante consistente durante todo o encontro, amosando un bo nivel físico, o que lle permitía estar nun encontro onde o ataque non fluiu como outros días.

No segundo tempo complicábanse as cousas cunha doble exclusión que permitía ás do Morrazo poñerse diante no electrónico. Máis aló de favorecelas, parece que despertaron ás carballesas subindo un pouco máis a intensidade, e chegando ó final do partido algo máis enteiras.

Con esta victoria(24-21), as carballesas suman a segunda nesta fase de clasificación antes de visitar Caselas na derradeira xornada