A base de Xiria comeza a competir na Liga Galega

COMPETICIÓNS DE BASE
Os equipos do Ifecgás Pereira Xiria, xuvenil masculino, e Africliber Xiria, cadete masculino participarán na campaña 2007-2008 nas Divisións de Honra (Liga Galega) das súas respectivas categorías. Na categoría xuvenil xa estaba estipulado dende a pasada campaña que os tres primeiros clasificados da Liga Territorial Norte competisen na Liga Galega Xuvenil esta campaña. Da Territorial Norte acompañarán ao Ifecgás Pereira Xiria neste novo formato de competición a Escola Mpal. de Camariñas e o Bm Ártabro (clube de nova creacion xurdido da fusión do Bm Oleiros, Bm Coruña e Hercules).

Na categoría infantil masculina como a pasada campaña no se estipulara ningún xeito de clasificación para a Liga Galega debían de xogar unha fase previa 4 equipos: Africliber Xiria, OAR Coruña, Bm Ártabro e Esc. Mpal. De Camariñas. A renuncia deste último a participar produciu a clasificación automática dos outros tres conxuntos.

Na categoría cadete masculina o Vipecon Xiria si deberá xogar unha fase previa para determinar os tres equipos que competirán na Liga Galega. Esta fase desenvolverase polo sistema de liguilla a unha soa volta que se disputará entre os días 20 e 28 de setembro entre cinco equipos: Vipecon Xiria, OAR Coruña, Bm. Narón, Esc. Mpal. De Camariñas e Tirso de Molina. O primeiro encontro dos de Fernando Vázquez será na pista do conxunto ferrolá do Tirso de Molina.

PROGRAMA DE BECAS ADE
Os xogadores do Balonmán Xiria Álex Zas (xuvenil) e David García e Miguel Suárez-Pumariega (cadetes) optarán ao Programa de Axudas ao Deporte Escolar (ADE) que convocará o Consello Superior de Deportes en vindeiras datas. Este programa esta destinado aos xogadores e xogadoras que participaron nos Campionatos de España en Idade Escolar celebrados o pasado xaneiro en Vigo. Poden optar a esta axudas, que premian os resultados deportivos e académicos conxuntamente, os rapaces e rapazas que integraron as Seleccións Galegas Infantís e Cadetes no derradeiro Campionato de España. Lembremos que Zas participou coa Selección Galega Cadete Masculina e David e Miguel coa Infantil Masculina.