A falta de caracter condena a un Laber Xiria con baixas
Desprazábase o Laber Xiria á difícil pista do BM. Porriño coas importantes baixas de Carlos Vilanova e Juan Carlos Rodríguez, convocados co equipo senior polas lesións de Jorge Bouzas e…

Desprazábase o Laber Xiria á difícil pista do BM. Porriño coas importantes baixas de Carlos Vilanova e Juan Carlos Rodríguez, convocados co equipo senior polas lesións de Jorge Bouzas e Martín Alfeirán, a de José Varela por enfermidade e a xa sabida de Sergio Tasende por lesión. A empresa parecía complicada, pero a importancia do envite para seguir aspirando a xogar a fase que dá acceso ao campionato de España, era vital. O BM. Porriño, xogábase a posibilidade de adiantar na clasificación aos de Carballo en caso de vitoria por máis dun gol, había por tanto moito en xogo e prevíase un partido no cal os equipos desen o máximo de se. Pero a realidade foi ben distinta e un BM. Porriño que se presentaba no municipal da localidade con baixas tan importantes como as dos bergantiñáns, non impoñía un forte ritmo de inicio e a retagarda visitante dominaba con autoridade ao ataque rojillo. Outra cousa era nas demais facetas do xogo, onde Andy rey causaba dano na conexión con Ronaldo e na subida ao contragolpe, pero os seus compañeiros, demasiado estáticos e abusando do bote, non secundaban o dinamismo do central verdinegro. Os de Porriño apelaban á calidade individual do zurdo Martín e ao contragolpe en primeira onda, grazas á inexistencia do balance defensivo nos de Carballo. O Laber Xiria estaba falto de caracter competitivo e iso favorecía a un BM. Porriño que terminaría por espertar e crer nas súas opcións a pesar das baixas. Os de Carballo dominaban de tres e catro goles este primeiro acto, apoiándose no seu defensa, pero as perdas de balón e os erros no outro campo, eran aproveitados polo seu rival para anotar un parcial de 3-0 nos últimos cinco minutos da primeira parte e igualar a contenda no último suspiro (12-12). Na reunación as cousas cambiaron, o BM. Porriño saía crendo na posibilidade de vitoria ante a fraxilidade mostrada polos carballeses e un parcial de 3-2 no primeiros cinco minutos, poñía por primeira vez por diante aos locais. A partir de aquí, a alternancia no marcador foi a tónica xeral, pero o domino correspondía aos rojillos. Con este panorama chegábase ao último minuto do encontro, empate no marcador e balón do Laber para conseguir a vitoria. Os visitantes non souberon gastar esta última bala e perderían o balón cun pase directamente á bancada sen atacar a portería……demasiada vantaxe para un BM. Porriño que si aproveitaría a última acción para levar os dous puntos e xogo e facer desta División de Honra unha competiciónm tola onde tan só o Seis Do Nadal parece capaz de manter a regularidade.
BM.Porriño: 26 (12+14). Alejandro Freire, Samuel Pampillón, Fermín Loureiro (7), Martín Dávila (8), Carlos Alonso, Alejandro Canosa (2), Sergio Fandiño (3), Saul Candan, Rodrigo Martínez, Jesús Maqueira (3), Angel Batos (1), Mahum Vizcaya (2).
Laber Xiria: 25 (12+13). Souto (p), Samuel (p), Antonio (p), Andrés Vila (11), Manuel Sánchez, Roi Alfeirán (2), Ronaldo Durán (2), Andy Rey (4), Fran Rey (3), Santiago Oreiro (1), Andrés Urbieta (2)
Colexiados: Pablo Álvarez e Joel Pereira. Sen complicacións.
Parciais cada 5´: 2-3 /4-5 /6-8 /7-10 /9-12 /12-12-**Descanso-**15-14 /16-16 /18-19 /21-22 /24-24 /26-25-Final.
Incidencias: Partido da 14ª xornada da División de Honra 2016/17, celebrado no municipal de Porriño ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.


