Nova vitoria do Xiria alevín A en Culleredo

Na xélida mañá do pasado Sábado, o Xiria A de categoría alevín desprazábase á localidade coruñesa de Culleredo para enfrontarse ao BM. Culleredo DPXTS Rayman. Non foi o mellor encontro dos de Carballo e mesmo os locais mostráronse superiores nos tres últimos cuartos, anticipándose aos pases dos bergantiñáns e interceptando múltiples balóns. Os xogadores do Xiria liquidaron con facilidade o primeiro tempo grazas á conexión da primeira liña co pivote, que se mostraba moi movil e dinámico nas súas accións, pero nos tres tempos restantes, acusaron a marcaxe asfixiante dos locais e a falta de mobilidade e de xogo sen balón por parte dos xogadores, dificultaba enormemente a chegada á portería contraria. Sufriría e de que maneira o conxunto de Carballo para conseguir gañar os catro tempos en xogo e mesmo no último cuarto, o gol da vitoria conseguiríao Erik cun lanzamento de golpe franco co tempo a cero. Vitoria por tanto importante para manterse nos postos de privilexio da clasificación, pero moito que traballar en canto ao desmarque e o movemento sen balón para futuros compromisos.

BM. Culleredo DPXTS Rayman – Xiria A: 0 – 8

1º TEMPO: 2 – 6  

2º TEMPO: 3 – 4

3º TEMPO: 2 – 4  

4º TEMPO: 4 – 5

Polo Xiria alevín A, xogaron: Miguel Cambón, Miguel Pérez, Erik Vázquez (9), Manuel García, Manuel múñoz (2), Manuel Rey, Pedro Porteiro (2), Alex Tato, Oscar Tasende (1), Samuel Veiga (2), Angel Viña (3).