A PESAR DA BAIXA NA PORTERÍA, O PUNTA DEL ESTE XIRIA ACADOU UN BO RESULTADO ANTE O LALÍN

O pasado sábado 26/01 o Punta del Este Xiria recibe ao Coreti Lalín, o encontro tivo lugar ás 12:15 na zona escolar Fogar, Carballo.

O partido presentábase difícil para as locais, xa que na primeira volta o Coreti Lalín gañou ás carballesas con rotundidade cunha diferenza de 18 goles.

Comezou a primeira e as carballesas dispoñíanse a atacar ante unha defensa 6:0, as do Lalín pretendían pechar ben sobre liña de 6 metros sen deixar espazos libres para que as locais puidesen penetrar. Ao contrario, as locais dispoñíanse a realizar un bo movemento de balón con sucesivas fixacións e con continuidade de balón logrando lanzamentos polas zonas exteriores e os laterais, así como desde o pivote. Na defensa, o Punta del Este Xiria tentou pechar ben e facer unhas boas disuasiós para parar o ataque, aínda así as do Lalín conseguían penetrar polos laterais, as locais estaban a facer un moi bo traballo na defensa. Chegouse o descanso cun marcador 11-18.

As do Xiria estaban a realizar un bo traballo, aínda que quedaba a segunda parte e non podían permitirse vir abaixo.

Comezou a segunda parte, o Punta del Este Xiria dispoñíase a defender. As locais, tentaban dar boas axudas e pechar ben entre dúas, aínda que os descoidos en defensa facían que houbese desaxustes na defensa e que as visitantes puidesen marcar. Aínda así as do Xiria non se darían por vencidas e seguiron co seu xogo dando uns bos pases aos extremos, tamén se deixaban ver  lanzamentos desde exteriores. Chegou o final do partido cun resultado 20-28. Un moi bo resultado con respecto ao primeiro.

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Stefanía Landri, Natalia Cancela(5), María Patiño, Catalina Magallanes(2), Lara Souto(3), Lara Hernández, Leticia Santos(2), Candela Couto(1), Dunna Barca(2), Coral Ruibal(5).

CORETI LALÍN: C. Codisido, Amalia G.(3), María P.(7), Antía R, Nuria F., Iria S.(4), Nuria L.(11), Claudia M., Claudia S.(1), N. Fernández(1), M. Corrales(1), Aroa V.

Esta fin de semana o Punta del Este Xiria viaxará a Lavadores para enfrontarse a Cafetería Tato BM Lavadores, o encontro terá lugar as 11:30 no pavillón Municipal de Lavadores, as 11:30. Presentaselle un partido difícil as carballesas xa que na primeira volta as de Lavadores gañaron sin piedade as locais cunha diferencia de 23 goles. Un resultado moi considerable que se pretende mellorar, tentando realizar o xogo que veñen realizando ata agora.