Comenzan as xornadas sin marxen de error
Despois da derrota da semana pasada en Vigo fronte ao Contrucciones Castro Lavadores, o Calvo Xiria ten unha nova saída para enfrontarse ao Luceros de Cangas o Domingo ás 12:30…

Despois da derrota da semana pasada en Vigo fronte ao Contrucciones Castro Lavadores, o Calvo Xiria ten unha nova saída para enfrontarse ao Luceros de Cangas o Domingo ás 12:30 no pavillón de Ou Gatañal. Os de Carballo, aínda que aínda posúen unha distancia cómoda con respecto aos seus perseguidores, non se poden permitir un novo erro para non dar opcións aos seus rivais e desta forma descontar unha xornada para o seu obxectivo final que non é outro que a clasificación para a fase de ascenso.
O sábado ás 20:30, o Goldie Xiria enfróntase ao Bm Tui a domicilio nun partido tamén decisivo para saber si as carballesas non se descolgan da parte alta da táboa . A de Tui, é unha pista na que sempre é dificil puntuar; e para iso as xogadoras terán que centrarse no seu xogo; illándose de calquera contratempo alleo ao partido. Veremos como se encontra o equipo despois de 2 semanas sen apenas competición debido ao descanso e á suspensión do seu último encontro. A progresión do equipo á hora de competir con calquera rival e que este ano lles esta levando a soñar por obxectivos ambiciosos nunha 1ª autonómica moi igualada.
Na División De Honra, os tres conxuntos masculinos de Xiria viaxan o Sábado pola tarde a Cangas nun excelente momento de xogo e resultados e tentarán referendalo cunha nova vitoria que lles situe no camiño duns obxectivos máis altos. Para iso, terán que completar tres encontros no pavillón de O Gatañal onde os equipos luzan a gran nivel en todas as fases do xogo, xa que os de Cangas sempre se mostran cuns equipos de base ben traballados e sumamente competitivos.
O Laber Xiria xuvenil que xogará ás 17.30, tentará continuar co seu excelente refacho e seguir sumando de dous en dous para consolidar esa sexta praza na que se atopa e poder aspirar na parte final do campionato para empolicarse en postos máis altos.
O Grupo Lemaco Xiria xogará polo obxectivo ambicioso de acadar un posto para o campeonato de España. Na ida, os do Xiria mostráronse superiores desde a defensa e o contraataque. Tratarán de revivir as sensacións daquel encontro para conseguir os dous puntos, contra un Luceros que vai de menos a máis nesta tempada.
Pola súa banda, os infantís do Garaysa, que pegaron un estirón na táboa nas últimas semanas, desexan non apearse desa sexta praza que agora mism oocupan e teñen a oportunidade de ampliar vantaxe cos seus perseguidores en caso de vitoria. O encontró dará comenzó as 19:00h.
Xa en Infantil Feminino, o Punta Del Este Xiria de División De Honra, viaxa a Vigo para enfrontarse no municipal de Lavadores a o Cafetería Tato Bm Lavadores. Será o Sábado as 11:30 no municipal de Lavadores.
Tamén en feminino, pero na segunda categoría cadete, o Hierros Varela Urbieta Xiria enfrontarase ó Bm. Lucus en Carballo. No partido de ida desputado en Lugo, as carballesas levaron os dous puntos cun resultado de 23-24 e un final de partido moi emocionante. Agardase pois un partido interesante nesta volta. Domingo as 12:00h no pavillón Carballo Calero.
En 2ª División Infantil masculina, o MarmoleríaJosé Rey pretende continuar ca súa racha triunfal e notable mellora sacando de novo a diante o seu partido fronte ao BM Lucus. Será o Domingo as 10:30h no Carballo Calero.
E por último, o Metalúrgica BB Xiria recibe ao BM Culleredo Remax Riazor nun derbi onde os de Carballo, en caso de vitoria, continuarán mirando a os postos altos da clasificación. Sábado as 10:30 no CEIP Fogar.
