Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Previa da xornada

A previa da xornada con Nadia e Brais

1ª Nacional Recibe o Calvo Xiria ao Bm San José Obrero Lanzarote o sábado ás 20:00 no Vila de Noia. Ambos equipos van empatados na clasificación xeral, polo que son…

1ª Nacional

Recibe o Calvo Xiria ao Bm San José Obrero Lanzarote o sábado ás 20:00 no Vila de Noia. Ambos equipos van empatados na clasificación xeral, polo que son dous puntos importantes. O Calvo Xiria afróntao como unha final e así espera a resposta da súa afección, que ten que estar enchufada desde o quecemento. No deportivo; frear as transicións do rival e superar a rotación da que dispoñen.

Lanzarote é un dos rivais fortes da categoría; poucas veces permite construír o xogo posicional do rival, polo que é un dos apartados que está a desenvolver o Xiria nos seus adestramentos. Un partido esixente, para un grupo de xogadores que busca a mellora e afronta o choque coa mentalidade de lograr os dous puntos. Durante a semana, tamén se viu como aos poucos os xogadores que están a traballar á marxe, van mellorando e en poucas semanas todos estarán dispoñibles.

1ª Autonómica Feminina

Intensa fin de semana o que ten por diante o Calvo Xiria; con dobre xornada, o sábado viaxará a Vigo para xogar contra Seis Do Nadal, ás 18:00 en Coia e o domingo recibirá no Vila de Noia ás 12:30 ao Activamostucasa Bm Caselas. 120 minutos onde o aproveitamento do persoal e o estado da defensa, teñen que ser a base na que se fundamente o Xiria para tratar de sacar os 4 puntos.

Categorías Base; Liga Ouro

O Laber Xiria A recibe a visita do Clube Balonman Tui. Un rival forte que pelexa polo título, polo que cada punto en xogo é vital. Por outra banda, o Laber Xiria , agárrase á pelexa polo quinto posto, última praza para o playoff, O partido disputarase o sábado ás 12:00 no Vila de Noia. O Grupo Lemaco Xiria A, afronta unha fin de semana con dous partidos. O sábado en Carballo ás 12:45 contra o Bm Rodeiro Cogal e o domingo viaxa a Vigo para xogar contra Footplus Ad Carballal ás 12:30. O reto de lograr dúas vitorias que o mentendrían na pelexa polo título. O domingo, Garaysa Xiria enfróntase a Abegondo F40 ás 11:15 no Ceip Fogar. Jorge Bouzas poderá contar con todos os xogadores dispoñibles despois dalgunhas semanas de ausencias polo que esperan realizar un bo partido. Ás 11:30 un Punta del Este Xiria A, á alza xogará a domicilio contra o Cañiza. Deberá esforzarse ao máximo para continuar co refacho de resultados.

Categorías Base; Liga Prata

O Grupo Lemaco Xiria B, xogará ás 11:15 contra Bm Camariñas no Ceip Fogar. Un rival que xa puxo contra as cordas aos de Carballo na ida. Se queren lograr os dous puntos deberán facer un gran partido. O Punta del Este Xiria B, xoga en Mesoiro contra o Bm Brigantium ás 12:30. Coa clasificación no peto para a seguinte fase, o equipo ten ganas de provarse e seguir mellorando. O domingo o Laber Xiria B xoga no Vila de Noia ás 10:30 contra Rodespi Bm Cañiza. O equipo quere realizar un bo papel, nesta segunda fase da liga.

Categorías Base; Alevíns.

Na competición alevín 7, Laber Xiria e Carpintería Gómez Xiria xogan os seus encontros, o sábado en Culleredo, ás 10:00 e 11:00 respectivamente. Mentres Reneymar Xiria xoga o domingo ás 10:00 no Ceip Fogar contra o Colegio Liceo La Paz. O alevín 5, xogará o sábado ás 9:30 no Ceip Fogar. Insplaber Xiria contra Bm Xallas e Reneymar Xiria contra Bm Brigantium.

Máis sobre isto