O Punta del Este continúa en racha

O Punta del Este Xiria A ampliou a súa racha de vitorias consecutivas na Liga Ouro despois de impoñerse na casa o pasado sábado ante o cuarto clasificado, o Bm. Porriño.

As carballesas disputaron un encontro moi igualado no marcador, aínda que os erros no lanzamento ben puideron cambiar esa dinámica durante o encontro, mantendo ás pontevedresas na loita ata o último minuto. As verdes volveron a mostrarse seguras na defensa maniatando o xogo visitante que só encontraba na súa pivote a maneira de facer dano ás de Carballo.

Os últimos instantes do encontro saldáronse con excesivos erros por parte dos dous equipos, e rematou cun lanzamento o pau, do equipo porriñés que a piques estivo de forzar o empate (17-16, final) .

Con esta vitoria, as de Zarra sitúanse na zona media, despois de catro triunfos seguidos, e ca visita este próximo domingo á Cañiza.

O Punta del Este Xiria B, despois da xornada de descanso para elas, continúan comandando o seu grupo na Liga Prata, a pesares da vitoria do Bm. Lucense en Lalín. Este próximo sábado visitarán A Coruña para xogar o derbi ante o Bm. Brigantium.