A Sar leva a vitoria nun encontro igualado fronte ao Grupo Lemaco

Grupo Lemaco Xiria 25 – Sar Centro Médico Cesantes 26 (12-11)

Ao igual que acontecera na primeira volta en Redondela, viviuse un choque vibrante entre ambos conxuntos pero onde o resultado final volveu a ser de vitoria pola mínima para a Sar.
Comezou máis metido no encontro o Grupo Lemaco levando a iniciativa e poñendo en dificultades ao equipo visitante, si ben co transcorrer dos minutos os carballeses foron perdendo intensidade e cederon espazos na defensa aproveitados polo rival, 12 a 11.
Na segunda metade viuse un choque igualado con accións de máis coraxe que de calidade, entramos nos derradeiros minutos con vantaxe no marcador para o Xiria 22 a 20, pero o desacerto cara a meta contraria e algunhas decisións arbitrais, deron ese puntiño máis ao redondeláns que se voltaron coa vitoria para casa, 25 a 26

Grupo Lemaco Xiria 25 (12): Mateo Pallas (porteiros), Andrés García 2, Alberto Rodríguez 2, Samuel Veiga, Julián García 6, Juanma Fajardo 6, Esteban Puñal 7, Samuel Regueira 1, Miguel Goimil, Pedro Porteiro, Nicolás 1, Angel Viña

Sar Redondela 26 (11): Manuel Pérez 2, Marcos Costa 4, Iago Docal, Lucas Pérez 4, Anxo Silveira, Gabriel Martínez 5, David Rodríguez 1, Alan Castro 1, Pablo Sánchez , Pablo Mouriño 6, Roberto Bastos 3

Arbitraron: Cesar Carballo e Cristian García