Un Goldie Xiria Carballo Turismo combativo, non puido impoñerse en Chapela

O Goldie Xiria Carballo Turismo, non puido impoñerse ao Cíes Obra Civil BM. Chapela, a pesar de tentalo ata o final e durante os sesenta minutos do encontro. As bergantiñás, que o tentaron con diferentes defensas e variando o seu ataque, conseguiron parciais ilusionantes que as achegaban ao seu rival con momentos dun balonmán intenso e dinámico, pero os erros e as perdas de balón non forzadas, foron claves no devir do encontro e, ao cabo, impedirían que as carballesas alcanzasen o obxectivo final de superar no electrónico ao seu rival.

O encontro comezaría con dous equipos que igualaban as súas forzas, coas locais por diante no electrónico, pero as de Carballo a unha pequena distancia, competindo e mantendo as súas opcións intactas. Foi, nos últimos minutos deste primeiro tempo, cando o Goldie Xiria Carballo Turismo enlazou varios erros non forzados de forma consecutiva, feito que non desperdiciou o seu rival para marcharse ao descanso cunha vantaxe moi cómoda, a máis ampla ata o momento (17-12).

Na reanudación, o plan das de Xiria era claro, unha defensa máis agresiva e profunda na zona esquerda do ataque das de Chapela para provocar erros e roubos de balón e así poder acometer a remontada. As locáis, lonxe de amedrentarse, non estaban dispostas a ceder tal vantaxe, e mesmo forno quen de aumentar a diferencia ata os dez goles cando ainda non se levavan disputados dez minutos do segundo tempo (23-13). O Goldie Xiria, que esgotara os dous tempos mortos que lle quedaban, pasaba agora a un plan máis agresivo, e situaba, na súa retagarda, duas xogadoras profundas, unha sobre a central e outra sobre a lateral esquerda. O plan daba os eus froitos e as de Carballo eran aora as que provocaban erros e interceptaban balóns, marcando rapidamente ao contraataque e reducindo a diferencia a metade cando ainda faltaban dez minutos para o final do encontro (24-19). 

Nos últimos minutos, a defensa funcionaría do mesmo xeito, pero as prisas por concretar a remontada e as precipitacións no lanzamento, acumularían demasiados erros  non forzados que impedirían que o Goldie sacará algo de proveito de forma definitiva na súa visita a Chapela.

Cíes Obra Civil BM. Chapela: 27 (17+10). Rosalía, Marta, Rebeca (1), Paula (2), Antea (5), Zulema (3), Alba Nerea Silva, Andrea (1), Raquel (1), Carmen (7), Sara (1), Cristina (1), Alba Rosa (5).

 Goldie Xiria Carballo Turismo: 21 (12+9). Sara Pose (p),  Nadia (p), Aida Vizcaino (1), Mina Ribullen (6), Tamara Pombo (2), Laura Barbeira (1), Minia Calvo (1), Jessica Posse, Natalia Solís (1), Alba Rodríguez (1), Elena Segade (1), Raquel Gómez (4), Eva Calvelo, Sheila Ferreiro (3).

Colexiados: Pedro Pérez e Alberto Rodríuez. Estiveron ben.

Parciais cada 5´: 2-2 / 6-5 / 9-6 /11-9 / 14-10 / 17-12 – Descanso – 19-12 / 23-14 / 23-17 / 24-19 / 25-19 / 27-21 – Final.

Incidencias: Encontro correspondente a 17ª xornada na 1ª autonómica feminina disputado no pavillón Manuel González Soto de Chapela ante douscentos siareiros.