Ao Laber Xiria escápaselle a vitoria diante do Carballal

Laber Xiria 23 – A.D. Carballal  25 (12-15)

Tiña por diante un importante compromiso o Laber Xiria coa visita do Carballal, dada a envergadura de ambos conxuntos prevíase  un duelo intenso de fortes defensas, como así ocurreu, foi difícil achegarse con opcións a portería contraria, e cada gol valía seu peso en ouro, sobre todo nos derradeiros minutos.

Cobraba renda de inicio un Carballal máis centrado no ataque e máis atinado no lanzamento, o Xiria foi perdendo opcións claras diante da portería contraria o que permitía aos vigueses dominar no encontro e irse no marcador nesta primeira metade.

Pero os xogadores carballeses saíron con outra cara en defensa na segunda metade, máis intensidade nas accións de choque, cerrando ben os espazos para anular os pases entre liñas, e ata en ataque se mostraron moito máis precisos. Foron reducíndose as distancias, ata un gol e posteriormente conseguían igualar o marcador, faltou rematar a faena con varias ocasións desperdiciadas diante do porteiro rival en lanzamentos francos e finalmente o Carballal fíxose coa vitoria.

Restan tres xornadas para o remate de liga, onde o Laber Xiria se ve na obriga de conseguir tres vitorias para acadar o obxetivo de quedar entre os 6 primeiros que dan por dereito a disputa da División de Honra na próxima tempada, os demáis terán que xogar un play-off de clasificación no mes de Setembro.

Laber Xiria 23 (12): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Fran Rey 4, Andrés Urbieta 1, Manuel Sánchez, Mario Cancela, Andrés Vila 13, Roi Alfeirán 2, Renzo Díaz, Iker Martínez, Santo Oreiro, Alex Gómez 1, Iago Rincón, Dani Trigo e Pedro Pereira 2.

A.D. Carballal 25 (15): Julio Mogio e Pablo González, Lois Castro, Oscar Otero 6, Mario González, Brais Otero 2, Roberto Romero, Lucas Castro, Iago Martínez 1, Brais Fernández, Abraham Antón, Pablo González, Samuel Barciela 3, Guillermo Fernández 12 e Roi Gallego 1

Marcador cada 5 min: / 2-3 / 3-6/ 4-9/ 7-12/ 9-14/ 12-15/ 15-17/ 16-17/ 17-19/ 18-21/ 21-23/ 23-25/

Arbitraron: Pablo Torreiro e Silvia Delgado, sen complicacións