Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete feminino

As cadetes de Hierros Varela Urbieta estréanse en casa con vitoria

Non foi un bo partido por parte de ningún dos dous equipos, repleto de imprecisións e erros de todo tipo. Nada tivo que ver o encontro co disputado hai apenas…

Non foi un bo partido por parte de ningún dos dous equipos, repleto de imprecisións e erros de todo tipo. Nada tivo que ver o encontro co disputado hai apenas un mes no play- off de ascenso en Lalín entre ambos os conxuntos e así o demostran os baixos algarismos que reflectía o electrónico.

As de Xiria saían atenazadas como nunca ao 40×20 do Vila De Noia, estáticas, sen atacar e acumulando erros de maneira continuada. Os fallos de pase, as malas recepcións, os pasos…..múltiples e variados erros que penalizaban o ataque das locais. O seu rival, as xogadoras das EDM. Salceda, non estaban moito máis atinadas e grazas a isto e ao bo funcionamento da retagarda carballesa, estas conseguían adiantarse no marcador e chegar ao tempo de descanso cunha cómoda vantaxe de 8-4.

Na continuación, cun 0-6 de parcial e trece minutos sen marcar, as de Hierros Varela Urbieta vían impotentes como o seu rival adiantábaas no electrónico e os sinais do equipo comezaban a ser realmente preocupantes. Nos últimos instantes e grazas a unha defensa máis activa e profunda, puidéronse recuperar un par de balóns que foron claves no devir do encontro e sumar os dous primeiros puntos nesta División De Honra xa cando o envite chegaba ao seu fin.

Hierros Varela Urbieta Xiria: 13 (8+5). Elena Collazo (p), Lucía Lema (p), Valeria Figueroa (1), María Patiño, Nerea Varela (2), Nina Pereira, Stefanía Landri, Lucía España (1), Marta Gómez (2), Uxía Suárez, Alba García (5), Anna Mª Hernández (1), Coral Ruibal, Natalia Cancela (1).

EDM Salceda: 12 (4+8). Sofía Rodríguez, Ainhoa (1), Uxía Blanco, Laura Rodríguez (1), Noelia Cabaleiro (1), Marta R. , Alba Otero (3), Aroa Patiño, Antía Rey, Rocío Fernández, Cristina González (7), Andrea Monteagudo.

Colexiado: Iván Hernández. Sen complicacións.

Incidencias: 2ªxornada da liga de División De Honra en categoría cadete. Encontro celebrado na mañán do Domingo no pavillón Vila De Noia ante cento cincoenta seareiros.

Próximo partido

Máis sobre isto