As cadetes do Xiria viaxaron ata Redondela na maña do sábado para encarar a última batalla do ano. Comenzaron o encontro con un ritmo alto, que abría unha pequena distancia e obrigaba as redondelas a pedir un tempo morto para enderezar as cousas.
A defensa 5-1 non estaba a plantexar dubidas nas carballesas que atopaban o camiño do lanzamento de maneira Clara, onde o desatino e a gardarredes local mantiñan a proximidade no electrónico. Na ultima parte do primeiro periodo as pontevedresas eran quen de adiantarse e ir o descanso por riba. O segundo periodo foi un toma e daca onde as carballesas estaban ben no ataque pero tamen superadas na defensa, mantendose por debaixo no electrónico, pero nos dez derradeiros minutos as verdes aproveitaron as rotacions durante o encontro para chegar moito mais frescas a parte final do encontro.
Con esta victoria despiden a temporada comandando o seu grupo de Copa Federación con duas victorias e un empate


